lunes, 14 de diciembre de 2015

Non retorno.

Este Real Madrid acadou algo case imposible, desanimar totalmente o madridismo. Non podo dicir que me sorprenda, xa que coñecendo ben a este equipo, onte fronte o Vilarreal apostar a que pinchabamos era gañar diñeiro case seguro, aviseino en twitter. Pero a día de hoxe estamos no punto de non retorno e sen saída.


Non vou dicir quexa o dixen, porque nin sirve de nada , nin arranxa nada tampouco, as cousas están escritas e xa está.

Quen coñecera algo de fútbol sabía que Benítez non era o home adecuado para gobernar este barco, o que tomara a decisión pode durmir tranquilo xa que van ir xuntos o paro ou deberían, con eles poden ir tamén os que miran as sancións.

Sinceramente canto antes se chimpe mellor sería, pero aquí chegamos o verdadeiro problema. O vestiario, levamos catro adestradores nos últimos sete anos, tres de eles campións de Europa e vamos a ganar unha Liga nese ciclo. Co cal debemos chimpar o adestrador e levar con el a certos xogadores, para que cargarse a Benítez si o mal seguirá dentro.

Unha boa retranca o tema ,  seguramente é bo cargarse a Benítez , algo que a súa vez daría máis poder se cabe o plantel. Nin o adestrador pode con isto, nin é o principal culpable dos males do club, unha carallada vaia.

Onte coma moitas outras veces saíron a dicir o de sempre, non saímos concentrados, vamos a falar e aprender desto e demais  esterco que din unha e outra vez nestas noites cada vez máis comúns. Que pasa o seu ego impídelles correr para atrás, baixar o cú, comer o campo. Se foran a tomar por ese preciso sitio mellor nos iría. Que xa non enganan a case ninguén, que en X partidos cando volvamos a estar nunha situación parecida ou a xogar un partido para entrar en Europa League , a este ritmo vamos camiño deso,  volveran a cagala e volveran a dicir as mesmas frases típicas.

Estamos cada día máis preto de ser un Milán ou un Liverpool da vida, moita Historia pero pouco presente. E todo por unha razón, non estirpar de raíz o mal. Xogadores que se creen moi bos, por encima do club, do adestrador, do presidente, pero rara vez o demostran cando hai que demostralo. Os días grandes, as cousas demóstranse no rectángulo de xogo, non tendo lingua. Falar fala calquera. Que falta hai dun Chapu ou dun Masche no vestiario, xogadores que aparecen pouco pero marcan o ritmo.

E volvo o non retorno, Benítez vai caer  por moito que queira ter o vestiario contento, xa que non creen nel, polo menos que faga o que ten que facer. De saída cargarse a BBC , seremos un equipo  equilibrado  e será xusto con moitos que o merecen e que sen Copa non van probar alimento quente facendo mellor cos que xogan, desa inxustiza parten moitos problemas. A día de hoxe o peor da BBC é a C, pero nada vos seguide ca broma de non querer vendelo que así nos vai con este Tomic da vida.

Quizais non temos tan bos xogadores como creemos, bos tecnicamente si, pero competitivos, con cabeza para o deporte de alto nivel ? Permitideme que o dubide xa. Ou quizais a xestión ? Sinceramente xa dubido de todo.

Mira que non son moito de Isco, pero debe de estar por diante de moitos por rendimento,  o igual que outros dous nomes Lucas e Kovacic, que sempre , sempre, sempre o fixeron ben cada vez  que tiveron unha oportunidade. Pero nin atamos , nin desatamos, Benítez anda entre augas, querendo poñer os que lle apetece e tentando contentar inside, e iso non funciona.

Nas derrotas a culpa é de todos, colectiva, mal plantexamento do adestrador e xogadores que non dan a talla. Pero si este Madrid non morde arriba, gegenpressing, estamos mortos , en outro sitio non lle roubamos nin a un equipo de veteranos dos malos.

Onte por enésima vez perdín a fe, maldecín dicindo o que prometín cando sonou Benítez xa antes ca Carlo, non lle vexo un partido a estes cabróns, despois seguramente volva a caer na tentación, ser do Madrid é iso, selo aínda máis nas malas, pero para devolverme a fe vai facerme falta moito conto.  Quizais un Cristiano , Ramos no banco poda logralo, total con 2 de tres títulos perdidos xa tanto da.


No hay comentarios:

Publicar un comentario