A pesares de
quedar exhaustos polo esforzo e a concentración, o terminar a clase os
protagonistas piden permiso a Pep para ir correr un cacho polo monte que está preto. O adestrador rise : “ Dime , ti sabes o que é o atletismo, Sirve
para algo iso da carreira continua, aparte de facerche dano na espalda?”
. Ri e sigue : “Agora regresarán e creran que
adestraron duro xa que correron un
cuarto de hora. Pero solo é un efecto placebo. Eles pensan que cuns exercicios
de posición e conservacións non traballan …..”.
O adestrador , en
realidade, bromea sobre algo serio: o tipo de adestramento que practica está
condicionado polos seus principios de xogo e sempre, sempre , posee
características técnico-tácticas. Os adestramentos non se limitan a fortalecer
o físico. Non haberá series de velocidade, nin de resistencia, nin sesións de
pesas. Solo haberá algunhas pequenas puntuales
para axustar a condición de algún
xogador rezagado que sala dunha lesión.
O lado de Pep, Lorenzo Buenaventura
explica : “ O principio sorprendeulles que
non fixéramos series de carreiras de 1000 metros , aínda que o Bayern xa era o
menos alemán , o menos clásico dos equipos alemáns. Xa facían traballos con
balón e xa se acostumaran a dinámica de dous partidos semanais o que da pouco
marxe para moito adestramento físico,
senón que hai que facer un adestramento curto pero de calidade.”
O preparador
físico do Bayern sostén que , na súa visión do fútbol, o traballo de calidade técnica
é superior a calquera, outro : “ Con
respecto o volume e a intensidade non
creo que teña gran diferenza entre o noso e outros métodos. A máxima diferenza
de tempo de estadía no campo pode ser de
10 ou 15 minutos menos pola nosa parte, sobre todo se sumamos o traballo de
prevención que facemos no ximnasio. Potenciamos a calidade fronte a cantidade,
facer máis cousas de calidade xuntas no
lugar de facer traballos físicos moi longos. Iso si lles chamou a atención e
tamén o altísimo porcentaxe de traballo con balón. De feito, sen balón non
facemos nada, solo algunhas recuperacións e algún traballo específico para axustar algún xogador.”
Regresan os
defensas empapados en sudor despois de
correr quince minutos a bo ritmo. Facianas de felicidade. Guardiola dalles unha palmada
nas costas e dalles na cabeza os máis noviños. Métese no vestiario e sigue de
retranca con eles . Xírase e chisca un ollo : “Efecto placebo”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario