Este artigo leva moito tempo na cabeza pero por certas razóns pois non son quen de desenrolalo , incluso hoxe xa foi moitas veces a
papeleira, neste día non vai nin ca forza , nin ca ilusión que debería pero
pouco a pouco necesita saír, é lei de vida. De feito incluso estas letras foron
mudando de forma na cabeza e xa non son o que pretendían ser fai unhas semanas,
mutan continuamente, segundo a segundo.
Un servidor como
madridista sole ser, critico na vitoria e comprensivo na derrota, analizando os
pros e contras de todo. A lei mordaza non vai chegar a este blog por moito que
queiran.
Quen me coñece
sabe que Benítez non me gusta nada ou menos, de vez en cando tamén lle atizo a
Flo, iso si sei que non é Calderón, nin Sanz, vaia dous.
Pero claro nos
últimos meses, boa parte da prensa lle está a pegar a Flo por tódolos lados. E
claro canto máis lle pegue a prensa do amiguismo a Flo e Benítez , máis vou
estar eu con eles. Sin gustarme moito Zidane, para este tipo de xogadores que temos parecíame o correcto. E total a Flo xa lle van pegar igual, así que, falta embido e listo.
Cada vez queda
máis clara aquela frase de Mou, dos madridistas disfrazados, tanta razón tiña e
nos que non lle creíamos. Canto periodista antimadridista hai disfrazado, e
agora comezan a caer as caretas.
Hainos que xa
sempre lle quixeron atizar a Flo. Hainos que lle atizan porque lles quitou o
negocio os seus panfletos, hainos que lle atizan porque teñen medo de que o
Real Madrid gañe o concurso para que a súa tele se vexa en aberto, hainos que antes
odiaban a Cristiano para atizarlle a Flo, agora defenden a Cristiano e atizan a
Bale……………..e así miles de razóns que o que fan é poñer basura sobre o Real
Madrid.
Como o tema
Casillas, pois si Iker é o mellor porteiro da historia do Madrid con diferenza.
Tan certo como que xa non da o nivel ou iso creo, polo tanto debía saír, as
formas puideron ser mellores, posiblemente, pero ambos lados foron culpables
non solo o clube. De feito xa fai un ano dixen que debían saír Diego e Iker ,
para limpar o ambiente. Facémolo cun ano de retraso pero polo menos faise. A
parella Keylor-Kiko non me disgusta. De Gea non é un porteiro que me
entusiasme, o ano pasado xa dixen que Oblak era a miña opción e para este
propoñía a Leno, sendo consciente que De Gea é o que menos problemas causará
para esa prensa antimadridista.
Son consciente
que a pouco que non se lesione Modric e nos respeten as lesións debemos gañar
títulos, de feito se non se lesionara o ano pasado gañaríamos todo “ de calle”
non hai quen mo quite da cachola, e si Carlo rotara algo a Liga viña para a
casa seguro, pero iso xa non se pode demostrar.
Temos un
plantillón, hai que saber administralo, bueno un medio si que fichaba non o vou
negar e pasaba a Cristiano como dianteiro. De feito ou dianteiro ou vendíao, xa
o dixen moitas veces no Face, a limpa eran Iker e Cristiano e proxecto novo ,
con novos roles.Outro día con máis gañas e forzas analizarei máis profundamente, pero non vamos queimar a xente cun amigable.
Vou deixar o Iker vs Mou e o Valdano vs Mou de regalo.
Para todo o demais os que escribín sobre o Real Madrid.
No hay comentarios:
Publicar un comentario