miércoles, 1 de julio de 2015

Hateando "entornos" !

Vou pasar o blog ideas que xa expresei nos últimos días no Face do blog, e añadir algunha que outra cousa., xa que teño seguidores que non pasan por aquelas terras . Ala vamos......



O 16 de Xuño escribín :

Sabido é que non me gusta nada Benítez. Sabido é tamén que ca súa chegada espero algo de limpa no vestiario , e daba tres nomes que estarían na miña lista por actitudes, comportamentos ou perigosos entornos que teñen viciados o vestiario da a impresión. Un Ronie, Etoo, Deco de Her Pep.
Casillas , Cristiano , Ramos son as miñas dúbidas. Reconducibles ?
Bueno de Íker teño claro , cos periolistos a voltas tódolos días o tema xa é irreparable, non saben o daño que lle fan , creo que a este ritmo vou acabar odiando a un mito do clube.
Cristiano si acepta ser 9 e menos minutos non sabe o favor que se faría a el e o equipo. Vivo na dúbida de aguantalo noutro rol ou vendelo ben. Un ano de marxe quizais.
E Ramos tan bo co aloucado. Durante o ano mezcla a versión DSRG sendo o mellor central do mundo e a versión Churu-Canelita na que é unha rémora para o equipo. Ahora está co tema da renovación e movéndolle o tema a Flo, que non creo que queira outro tema Íker. De feito hoxe saltou o nome de Otamendi penso que para darlle o toque. Ten un entorniño curioso e el é como é.
Sergio é esencial si quere pero debe saber que ningún xogador está por encima do clube.Esto sirve para el e para todos. Debe de cobrar máis posiblemrnte pero con sentido que despois pasa o que pasa. A ver si se centra que vai na idade e deixa os pulsos o clube , creo que con outra actitude cobraría o merecido e non no plan Mesut ou DiMa esa forma de actuar non eh !

23 de Xuño :
Os "entornos" os dichosos "entornos" co fácil que é as veces arreglar as cousas a veces cara a cara , pero eso non vende periódicos.
Eso sí como digo sempre un xogador non està por encima do club e do presi senón mal imos. Xa se pode chamar Íker , Bale, Ramos ou Cristiano , fálanse as cousas e senón estás de acordo , porta como decía Don Santiago , previo paso por caixa por suposto.
Por certo o porteiro das multiples ofertas non sei como non foi po Arsenal que tanto o quería según os seus coleguis. O Arse al vai pagar casi 20 kilos e darlle 8 o ano a Cech , salíalle o superporteiro máis barato, non ?
Os "entornos" !!!!
Hoxe, aquí en primicia :
Non cabe dúbida que o modelo futbolístico do Real Madrid é moito máis viable económicamente que o de basket, pero en cambio un gañou todo e o outro vio como o seu rival gañou todo, curioso non ? Resulta que no deporte hai cousas que se escapan o control de Florentino neste caso. O adestrador e os xogadores son esenciais  nesas outras cousas. Ten que haber uns líderes no campo e no vestiario, se non saben levar ese liderazgo o equipo desmorónase. 
As actitudes e aptitudes , son as que che dan o nivel, carácter, e eso outros intanxibles que non salen nas estadísticas. Eso fichou o equipo de basket e eso quizais lle falta o equipo de fútbol, que despois dun éxito como a "Décima" e o "mundialito" se relaxou. Podes non ter os máis caros e mellores xogadores  , pero si saber competir como o que máis. Eso necesita o Real Madrid fame, moita fame, e rotacións, como sempre digo, xa que bos xogadores a bo seguro que temos.

Miña confianza en Benítez é nula, nunca me gustou pero tampouco me gustaba Laso e caloume a boca.
Señores periolistos os siareiros somos do Real Madrid non dos xogadores , non cabe duda que todos temos os nosos preferidos , pero por encima de todo prevalece o REAL MADRID !

No hay comentarios:

Publicar un comentario