lunes, 28 de abril de 2014

Fisober B - Ponteceso. 2-4.

LIGA PROVINCIAL ( APRAZADO)

RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – CONCELLO DE PONTECESO. 2-4.

FISOBER B : Anabel, Paula Fandiño, Andrea, Laura e Tamara ; tamén xogaron : Inés, Alejandra, Noelia e Natalia.

PONTECESO : Salomé, Carmen, Ana, Sandra e Martina ; tamén xogaron : Bea, Zeltia e  Carla.

ÁRBITRO : Vicky Enjamio  , CRONO : Mary Luz Mendoza.

GOLES : 0-1 Carmen, 0-2 Carmen, 0-3 Carla , ( descanso ) , 1-3 Laura, 1-4 Ana, 2-4 Inés.

Disputábase o domingo pola mañá  en Muxía o partido correspondente a xornada 17 aprazado no seu día polas baixas de xogadoras do equipo da vila do Anllóns. Con este derbi deuse por finalizada a tempada de liga a espera do que depare o sorteo de Copa.

Arrancou mellor que o día anterior o filial, máis metido no partido que  fronte as Espartanas. O Ponteceso esperaba para cada vez que roubaba saír en rápidas e perigosas contras case sempre finalizadas por  Carmen.

O partido estaba igualado pero as locais non lograban profundizar o suficiente e cando chegaban non eran quen de finalizar con claridade.

Os dez minutos desta primeira metade un lanzamento de Carmen petou en Laura e supuxo o primeiro gol visitante.

O gol fixo dano as locais que xa non xogaron tan tranquilas como  o estaban a facer. As visitantes sentíronse aínda máis cómodas e chegaban cada vez con máis perigo.

A nove para o fin desta primeira metade de novo Carmen marcaba para as visitantes e poñía de cara o encontro para elas. As locais tentaban reducir diferenzas pero erraban nos metros finais e as visitantes acumulaban tamén ocasións.

Quen acertou foi a visitante Carla para o cero a tres. Puido reducir diferenzas Inés para o filial pero un  lanzamento de Inés foise o pau.

A segunda metade seguiu o mesmo guión da primeira pero as ocasións para ambos equipos reducíronse, quizais comezaban a notar o esgotamento de ter xogado o día anterior.

As locais buscaban o gol que as puxera no partido e as visitantes o que puxera o peche definitivo. Os minutos ían pasando e todo seguía igual.

Ata que a seis para o fin Laura aproveitaba un balón para facer o un a tres e reducir diferenzas. Os adestradores visitantes pediron tempo morto e a tres para o fin a xogadora visitante Ana facía o cuarto gol visitante.

Quedou tempo para que Inés no último minuto puxera o definitivo dous a catro co que se puxo fin a tempada na Liga Provincial, agora toca esperar pola Copa.

Visión do Ponteceso.


Imaxes da primeira volta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario