lunes, 7 de abril de 2014

Fisober - Txantrea. 1-9.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : FISOBER F.S.F. – TXANTREA. 1-9.

FISOBER : Anabel, Patri, Nuria, Ana e Noelia ; tamén xogaron : Elsa, Inés, Myrella e Raquel.


TXANTREA : Ainara, Virginia, Rizos, María e Ane ; tamén xogaron : Sandra, Amaia, Diana, Nerea Urra,Rebeca, Nerea e Goñi.

ÁRBITROS : Francisco J. Roldán e Rubén Ferrero ; CRONO : Javier Sánchez.

GOLES : 0-1 Rizos, 0-2 Rebeca, 0-3 María, 0-4 Diana , ( descanso ) , 1-4 Nuria, 1-5 Sandra  , 1-6 Nerea, 1-7 Rizos, 1-8 Amaia , 1-9 Nerea Urra.

A humidade na pista do  Pavillón de Vimianzo condicionou o partido xogado o sábado en Vimianzo, as navarras adaptáronse mellor e leváronse un partido cun resultado excesivo para o que se veu sobre o rectángulo de xogo i é que a sorte tamén se mostrou esquiva cas da Costa. Nunha xornada festiva para o clube xa que foi o día elexido para as fotos oficiais.

O arranque do partido xa presaxiaba que a pista estaría impracticable co paso dos minutos. De todos modos o principio permitía xogar. E os dous equipos gozaron de ocasións. Unha primeira ocasión de Virginia, foi respostada por unha moi boa de Noelia.

E a unha de Sandra respostou de novo Noelia. Os dous equipos tentaban adiantarse no electrónico sabedores de que a pista empeoraba minuto a minuto e unha vantaxe podía ser clave.

Foron as navarras as que o lograron grazas a un gol de Rizos os dez minutos desta primeira metade. As locais non se rendían e Ana vía como a porteira visitante lle facía unha dobre parada para evitar a igualada.

Todo trocou cando a tres para o tempo de lecer Rebeca facía o cero a dous. Foi un mazazo para as da Costa, cada vez máis desesperadas ca pista. E peor foi cando dous goles nos dous últimos minutos desta primeira metade obra de María e Diana poñían demasiada diferenza para o visto sobre a pista, a sorte tampouco axudaba.

Na segunda metade atacaban as locais cara a zona en peor estado, xa impracticable ,  e saíron moi motivadas para tentar volver a enchufarse no partido. E nos primeiros minutos fixérono con uns cantos lanzamentos lonxanos por parte de Nuria, pero a porteira visitante non o permitía.

No minuto seis desta segunda metade Nuria recurtaba distancias aproveitando o rexeite dun tiro propio. 

Pero non era o día das da Costa xa que acto seguido nunha xogada chea de rexeites Sandra marcaba a pracer para as visitantes.

As locais vían novamente como todo seu traballo non tiña recompensa. Seguiron percutindo sobre a porta contraria pero ou a porteira visitante, a falla de puntería ou a desesperación  facía que non o conseguiran .

As visitantes saían cada vez mellor en perigosas contras. Así a dez para o fin Nerea facía o sexto visitante. A falla de seis era Rizos. Faltando catro Amaia i entrando no último minuto foi Nerea Urra quen de penalti pechaba o marcador.

O  Fisober  ofreceu o Pavillón de Ponte do Porto como alternativa sabedor dos problemas de humidade, e aínda que os adestradores visitantes estaban de acordo, os árbitros e xogadoras visitantes decidiron xogar en Vimianzo.
Myrella ca man na cabeza no partido ante Bilbo.

Desexarlle tamén unha pronta recuperación  e moitos ánimos a Myrella que sufriu un accidente de tráfico o remate do partido, por sorte quedouse nun susto e confiamos que pronto estará vestida de curto outra vez.


Fotografías oficiais previas o partido.


No hay comentarios:

Publicar un comentario