lunes, 14 de abril de 2014

Guarnizo - Fisober. 3-0.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : GUARNIZO – FISOBER F.S.F. : 3-0.

GUARNIZO: Raquel, Rachel, Gabri, Ana e Cris; tamén xogaron : Elena, María e Marina.

FISOBER : Eva, Patri, Nuria, Ana e Noelia ; tamén xogaron : Elsa e Raquel.


ÁRBITROS : Raúl de Juana e Iván García ; CRONO: Violeta Santos.

GOLES : 1-0 Gabri, 2-0 Rachel , ( descanso ) , 3-0 Elena.

Partido disputado en Cantabria na tarde do sábado onde o Fisober buscaba a vitoria para colocarse quinto pero non foi quen e agora necesita un punto na última xornada para asegurar a sexta praza. Nun interesante e  bonito partido con ocasións por ambos lados sobre todo na primeira metade.

Un despiste no primeiro minuto , provocou que as da Costa tiveran que remar en contra xa dende a saída de vestiarios a causa do gol de Gabri.

A pesar desto o Fisober fixo un bo arranque de partido e tivo ocasións que eran desbaratadas por Raquel ou pola falla de puntería nos metros finales . Os tres minutos unha moi boi dobre ocasión por parte de Nuria e Raquel.

E solo un minuto despois as mesmas protagonistas tampouco acertaban ca portería.

As locais moi ben colocadas tentaban aproveitar calquer erro visitante para roubar e saír con perigo ante unha que debía estar  Eva moi atenta.

Mediada esta primeira metade Patri fabricaba unha magnifica ocasión pero o seu suave disparo marchaba a rentes do pau.

No minuto catorce despois dun saque de banda a local Rachel  sacábase unha xenialidade das súas botas  para facer o dous a cero cun auténtico golazo. Este gol despois de tanta ocasión errada polas visitantes fíxoas tambalear. E Cris a piques estivo de poñer o tres a cero cun lanzamento que se foi o trabe.

Nos últimos dous minutos recompúxose o Fisober  e Nuria gozou de dúas novas ocasións ante Raquel , pero quedou claro de que non era o día.

A volta dos vestiarios o partido xa non foi igual. As locais decidiron controlar máis o ritmo do partido e o Fisober xa non chegaba con tanta facilidade. A ocasión máis clara que tiveron as visitantes para volver a entrar no partido foi por parte de Noelia despois dun saque de esquina pero non acertou co balón.

Ademais co paso dos minutos as forzas e as posibilidades de igualada ían desaparecendo. Esta segunda metade xa non foi tan vistosa e o ritmo decaeu.

Máis aínda cando a oito para o final Elena aproveitaba unha contra para facer o definitivo tres a cero.

Dende aquí ata o final pouco que destacar por banda visitante, solo unha ocasión de Nuria chegando o último minuto que sacou Rachel baixo paus.

A Liga para ata o 3 de Maio cando o Fisober se enfrontará o Stilo Berrio, nun  último partido de Liga  no que as locais buscarán asegurar a sexta praza e as visitantes a salvación.


No hay comentarios:

Publicar un comentario