O Fisober F.S.F. levouse a I edición da Copa da Costa feminina de fútbol 8 que tamén disputaron o U.C. Cee e o C.D. Baio, unha competición que esperemos que continue no tempo e a cal se vaian unindo máis conxuntos. A competición realizouse cun formato de dúas concentracións e que tería como gañador o equipo que máis puntos acadara. O Fisober F.S.F. que xa tomara vantaxa na primeira xornada que se levou a cabo en Baio, ratificouno na segunda e definitiva en Cee.
O Fisober F.S.F. presentou un mix de xogadoras de todas as súas categorías tanto para a primeira xornada disputada en Baio como para a que se xogou en Cee.
Na primeira xornada formou con : Patri, Noelia, Laura, Myrella, Elsa, Nahir, Noe, Nuriña e Paula Fandiño.
Os resultados nesa primeira xornada disputada en Baio foron :
Fisober F.S.F. vs C.D. Baio : 1-0 o gol foi anotado por Myrella.
C.D. Baio vs U.C. Cee : 2-0 os goles foron anotados por Alba e Ana.
U.C. Cee vs Fisober F.S.F. : 1-2 os goles foron obra de Andrea para o Cee e de Myrella e Noelia para o Fisober.
Chegábase así a xornada que disputou no San Paio de Refoxos de Cee, co Fisober F.S.F. con 6 puntos, o C.D. Baio con 3 puntos e o U.C. Cee con cero puntos.
Na segunda xornada o Fisober F.S.F. formou con : Patri, Inés, Noelia, Eva, Natalia, Barca, Laura, Noe, Nuriña e Paula Fandiño.
Os resultados desa segunda e definitiva xornada foron :
Fisober F.S.F. vs U.C.Cee : 2-2 os goles do Fisober foron obra de Noelia e Inés , mentras que para o Cee anotaron Ana Trinidad e Andrea. Para desfacer posibles empates e dilucidar quen xogaba despois tiráronse penaltis nos cales o vencedor foi o Fisober.
A continuación disputouse o U. C. Cee vs C.D. Baio : 2-0 para as locais con goles de Andrea. O rematar tamén se lanzaron os correspondentes penaltis nos que se impuxo o C.D. Baio.
Con ese resultado o Fisober F.S.F. xa era campión da I Copa da Costa feminina de fútbol 8.
No definitivo encontro o Fisober F.S.F. vs C.D. Baio o resultado foi de 3 a 1 a favor do Fisober polo cal marcaron Patri, Eva( que deixou a portería por un día ) e Noelia mentrás que para o C.D. Baio anotou Salomé.
A clasificación final quedou comandada polo Fisober F.S.F. con 10 puntos, o segundo clasificado foi o U.C.Cee con 4 puntos e o terceiro foi o C.D. Baio con 3 puntos. Produciuse a entrega de trofeos donados pola Asociación de Empresarios de Cee.
En definitiva foron unhas xornadas de convivencia do fútbol feminino costeiro que esperemos que se sigan repitindo o longo dos anos e que se vaian unindo novos conxuntos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario