Pois remataron as especulacións e os rumores e o Fisober F.S.F. xa sabe en que grupo participará na Segunda División do fútbol sala femenino español. O igual ca anterior tempada para a 2013/14 o seu grupo será o Grupo I.
Os equipos que van a compoñer este grupo van a ser os mesmos ca tempada anterior, co cambio do ascendido a Honra o Valdetires de Ferrol que será sustituido pola novidade o navarro Ríos Renovables ( sección feminina do equipo tudelano masculino de División de Honra ) que será a gran incognita.O final coa permanencia definitiva do Amarelle en Honor, nin o Fisober se foi o grupo IV nin os canarios ou Leis Pontevedra remataron no Grupo I, que eran as opcións que máis se barallaban ademais de que algún equipo aragonés rematara no Grupo I.
Estes serán os once equipos, si pinchas neles poderás ver como foron os enfrontamentos fronte o Fisober a tempada pasada :
-Comarcal A Fervenza F.S.F. ( Ferrolterra, Galicia ).
-S.F. Guarnizo , ( Guarnizo, Cantabria ).
-F.S. Flavióbriga , ( Castro Urdiales, Cantabria ).
-Ordizia K.E. , ( Ordizia, Guipúzkoa, País Vasco ).
-Tecuni Bilbo , ( Bilbao, País Vasco ).
-Stilo Berrio , ( Bilbao, País Vasco ).
-Calceatense,, ( Santo Domingo de la Calzada, A Rioxa ).
- Cuatro Arcos Logroño, ( Logroño, A Rioxa ).
-U.D.C. Txantrea K.K.E., ( Pamplona, Navarra ).
-Ríos Renovables, ( Tudela, Navarra ).
Agora queda esperar a que salga o calendario da categoría para preparar a vindeira tempada, a pasada o Fisober rematou oitavo na categoría.
Si pinchas aquí podes ver a composición de todos os grupos.
Aínda que as xornadas deportivas do Fisober xa pasaron , cando volten os adestramentos podes probar no clube, na noticia máis información.
No hay comentarios:
Publicar un comentario