viernes, 19 de julio de 2013

Mini disque feminino do 19 de Xullo !

Non tocaba hoxe unha de rumores pero ante as noticias de fútbol sala feminino que implican directa ou indirectamente o Fisober e  saltaron nas últimas horas pois vai un pequeno.

Primeiro unha nova que saltaba onte no Facebook do Fisober, na que nun escueto comunicado  se anunciaba a volta de Patri  e decía :

 "Patricia Romaní regresa o Fisober FSF. Despois de xogar media temporada no Viaxes Amarelle en División de Honor, Patri decide voltar os seus orixes e intentar asentar o equipo en 2 División Nacional no ano no que se cumplen 10 da sua fundación."



Recordamos a súa carta de despedida na que remataba  cun Alé Fisober Alé ! Sempre ! pois parece que  xa está de volta.

Este fin de semana tamén se disputará a I edición da Copa da Costa feminina de fútbol 8. O C.D. Baio, o U.C. Cee e o Fisober F.S.F. organizan a primeira Copa da Costa feminina. Disputarase en dúas xornadas e a primeira xogarase este vindeiro sábado a partires das 11:30 no Platas Reinoso de Baio cos seguintes emparellamentos :

As 11:30 xogarase o C.D. Baio vs Fisober F.S.F.
As 12:15 xogarase o U.C. Cee vs C.D. Baio.
As 13 :00 xogarase o Fisober F.S.F. vs U.C.Cee.


A seguinte xornada disputarase o vindeiro xoves día 25 ou o sábado día 27 en Cee no Municipal San Paio de Refoxos. O Fisober posiblemente faga un mix con xogadoras  de todas as súas categorías, equipo A, equipo B e categorías inferiores.

Os trofeos para os participantes foron donados pola Asociación de empresarios de Cee.

Finalmente informamos que o Leis Pontevedra, pinchando aquí podes informarte dos enfrontamentos do Fisober e o Leis,   ven de publicar que pide o cambio de Grupo na Segunda División e pasar do Grupo IV o Grupo I, estas son as súas razóns. Foi onte publicar o Habemus grupum e saltar a nova, estaremos pendentes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario