lunes, 12 de noviembre de 2012

Muxía - Porteño. 1-1


MUXÍA : Ángel Luís ( minuto 105 José Antonio ), Peski, Luís Romaní ( minuto 10 Julián ), Cabejo, Currás, Pataca, Santi Papi ( minuto 64 Juan Prado ), Adrián Negro, Iván Lagoa ( minuto 75 Casais ), David ( minuto 85 Gemelo ), Javi.



PORTEÑO : Pablo, Pejo, Óscar, Maikol , Asier, Iago, Yuyo, Brais ( minuto 54 Gabi ), Cousillas ( minuto 46 Ismael ), Mario Toja, Bieto ( minuto 67 Nené ).

GOLES : 1-0 minuto 70 David, 1-1 minuto 95 Ismael de penalti.

O Porteño perdeu os primeiros puntos da tempada na Arliña e non perdeu o partido  gracias a que o colexiado se inventou un inexistente penalti no desconto dun partido que chegou ata os 110 minutos. Na segunda metade tiveron que ser atendidos os locais  Iván Lagoa e Ángel Luís.

Os locais foron mellores durante todo o partido ata o punto que o único lanzamento do Porteño con perigo por dentro dos tres paus  foi o penalti do minuto 95.


Dominou o Muxía aínda que sen grandes ocasións de saída , pero si mellor prantado no campo e máis habituado o mal estado da Arliña. O primeiro que tentou sorte foi Pataca cun lanzamento lonxano que se foi rozando o longueiro da porta defendida por Pablo. Os dez minutos a lesión de Luís Romaní obrigou a recompoñer os locais.

Os minutos pasaban e o líder seguía sen atopar o seu sitio sobre o verde, mentras que os locais vían o paso dos minutos sen agobios. Os vinte cinco minutos foi Iván Lagoa o que tivo a súa ocasión de gol.

Unha das máis claras da primeira metade foi un lanzamento de saque de esquina do local David que despois de tocar nun xogador se foi o longueiro. Pasaban os minutos e o Muxía cada vez máis cómodo no seu feudo.


Así un balón en profundidade para Adrián Negro o cal encarou por banda dereita o meta visitante Pablo picoulle o balón para superalo pero un defensa sacaba baixo paus. Co cero a cero inicial chegouse o tempo de lecer.

O arranque da segunda metade foi polo camiño da primeira, ata que no minuto cincuenta o árbitro sinalaba penalti por unhas posibles mans dun defensa do Porteño, os visitantes  protestaron enerxicamente  a decisión do colexiado. Despois dunhas dúbidas de quen era o encargado de tiralo , foi David o que o fixo pero enviou o balón a cepa do poste, sen conseguir o obxectivo.

Esta situación descompuxo o Muxía, o cal lle entraron os nervios e non fixo unha a dereitas , preso da ansiedade da ocasión perdida.

O Porteño entrou así no partido e conseguiu non pasar agobios  tentando  acercarse a meta defendida por Ángel Luís pero sen perigo.


No minuto sesenta chegou a única ocasión visitante en todo o partido, con Javi tirado no campo e cos locais querendo que enviaran o balón fora , o Porteño montou unha contra , o Muxía confiouse e máis aínda Ángel Luís que vío como un visitante mandaba o balón o pau cando el pensaba que ía mandalo fora, finalmente non tivo consecuencias unha xogada que cambiaba o partido.

E dentro deses minutos de zozobra do Muxía, no minuto setenta Currás roubaba un balón que chegaba en profundidade a David que encaraba a Pablo para facer o gol para os locais.

Co resultado a favor os locais repregáronse tentando gardar o resultado pero non vían como o líder causara ningún problema , salvo en algunha xogada a balón parado.

Todo cambiou non minuto 78 cando un posible penalti de Javi a Nené, fixo que o do Porteño perdera os nervios  se encarara co árbitro e o zarandeara ca conseguinte expulsión, pero debeu de ser ese zarandeo o que cambiou o chip do colexiado xa que dende ese momento, quizais lle entrou a dúbida de que fora penalti , empezou a pitar ou inventar “faltiñas” no borde do área do Muxía.


O partido comenzaba a alargarse , ata que no minuto 95 o árbitro se sacou un penalti da manga, nadie durante uns instantes sabía o que pitara, incluso os xogadores do Porteño. Un saque de banda lateral o área acaba en penalti. Un penalti que foi a igualada para o líder.

Pero lonxe de terminarse o partido  seguía e seguía  como o conexo da famosa marca de pilas, tanto seguía que no minuto 105 un xogador do Porteño entraba con todo nun balón parado  levándose por diante o porteiro local Ángel Luís cando xa tiña o balón no seu poder , unha xogada na que os locais pediron o cartón vermello para o visitante, un Ángel Luís que resultou lesionada despois desta acción e tivo que ser sustituido por José Antonio.


E ala polo minuto 110 o árbitro decidiu que xa estaba ben e pitou o camiño dos vestiarios, nun partido no que o líder sen facer nada se levou un extrano punto da Arliña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario