domingo, 4 de noviembre de 2012

Flavióbriga - Fisober . 4-7.


SEGUNDA DIVISIÓN

RESULTADO : FLAVIÓBRIGA – FISOBER “ CONCELLO DE VIMIANZO. 4-7.

FLAVIÓBRIGA : Carolina , Erika, Idoia, Tamara, Lorena ; tamén xogaron :  Carol, Mamen, Vanesa , María del Carmen .

FISOBER : Paula, Patri, Nuria, Ana e Barca ; tamén xogaron : Noelia, Myrella, Olalla , Ylenia e Eva.



GOLES : 1-0 Idoia, 2-0 Lorena ,( descanso ), 2-1 Patri, 2-2 Barca , 3-2 Lorena, 3-3 Barca, 3-4 Barca, 4-4 María del Carmen, 4-5 Patri, 4-6 Barca, 4-7 Barca.

ÁRBITROS : Antonio Altuna e Raúl Gómez , Crono : Ana María Villa.

Este sábado en Castro Urdiales o Fisober deu un novo pasiño na súa historia o conseguir a súa primeira vitoria en Segunda División nun partido no que foi superior.


Arrancou o partido con moito ritmo  e xa no minuto dous a local Erika se presentou ante Paula que freou o man a man. As da Costa replicaron o momento e despois dunha combinación Barca erraba de maneira incomprensible baixo paus.

Toma e daca constante e de novo Erika se topaba con Paula e para as do Fisober a ocasión era para Patri que vía como unha xogadora local sacaba baixo paus o seu remate. Despois duns cinco primeiros tolos o Fisober controlou un pouco máis si cabe o ritmo do partido.

Pero cando menos problemas pasaban as visitantes un balón longo foi rematado por Idoia de cabeza para o primeiro gol local os nove minutos.


Apretou aínda máis o Fisober e Patri casi empata os once minutos. Eso si  as locais aproveitaban para saír a contra e Carolina se atopou con Paula .

O partido voltaba o ida e volta do arranque, ocasións visitantes para Nuria e Myrella e resposta local freadas por Paula.

E a tres minutos do fin da primeira metade un novo erro  atrás do Fisober era aproveitado por Lorena para facer un inxusto dous a cero e case conseguen un terceiro que sería aínda  máis inxusto. Parecía que a sorte daba novamente  as costas o Fisober está tempada.


Camiño do fin do primeiro  tempo Barca e nos últimos segundos  Patri case reducen distancias pero a porteira local lanzábase a por todas para evitalo.

Na segunda metade o Fisober saíu en tromba e os dous minutos Patri ca esquerda facía o dous a un. Dominio total das visitantes na busca do gol e chocando contra o muro da porteira “castrenxe” , Nuria, Barca e Patri non eran quen de batila.

Ata que os cinco minutos Barca remataba unha combinación do equipo para empatar o partido. Unha felicidade que pouco durou un minuto despois de novo Lorena adiantaba as locais , tocáballe o Fisober remar de novo.

Unha Lorena que case consigue de maneira inverosímil o cuarto para o seu equipo, un toque co calcaño como último recurso  nunha xogada a balón parado foise o longueiro.

Os sete minutos as locais cometían penalti, o cal transformou Barca para empatar de novo. O Fisober empuxaba cada vez máis. Mediada esta segunda metade Patri mandaba o pau.

Tanta intensidade fixo que  os últimos dez minutos de partido as visitantes xogaran  ca lousa das cinco faltas encima. Pero nese mesmo minuto Barca aproveitaba outra ocasión para facer o tres a catro e poñer as da Costa por primeira vez por diante no partido.


A tranquilidade era imposible neste partido,  unha falta de Patri en ataque provocou un dobre penalti que María del Carmen transformou para igualar de novo a oito para o fin. A seis para o final Barca viu como a porteira local evitaba un gol que parecía cantado.

O que non poido evitar foi cando a falta de catro minutos Patri adiantaba de novo o Fisober. Pero seguindo o guión do sufrimento na tarde  a falta de tres para o final as locais dispuñan de novo dun dobre penalti , outra vez cara a cara  María del Carmen fronte a Eva, pero desta vez a porteira visitante adiviñou o lanzamento e mantivo as súas por diante, e a resposta inmediata foi o catro a seis de Barca, parecía preto xa a primeira vitoria.


Nos últimos minutos o Fisober defendeuse con firmeza e saíu a contra para redondear o resultado Barca co sétimo gol visitante e o seu quinto da tarde.

O remate do partido felicidade máxima no humilde  cadro visitante que vía por fin a recompensa o esforzo realizado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario