Ahora que xa estamos no 2012 continuamos co repaso e hoxe tocalle o turno a novas de todo tipo que pasaron polo blog.
Unha que aínda relacionada co Fisober, foi por motivos extradeportivos e que tivo moito alcance foi a carta aberta do presidente do clube despois do affaire Ponteceso. Pero non todo foi fútbol sala oficial, e solteiras e casadas xuntaronse en Vimianzo para xuntar cartos para os nenos e a súa excursión.
A selección da Costa femenina xogou o seu primeiro partido fronte o Orzán e pasamos tamén por alí e vimos a súa primeira convocatoria. Un Orzán o que visitamos no seu enfrontamento co F.C. Barcelona. Vimos o nacemento do U. C. Cee femenino tamén. Axudamos o Fisober a conseguir novas nenas.
Pasamos polo Frontenis e o partido entre Barkiña e Aniña. Nos Santos Inocentes vendemos a Patri e volvémola a recuperar.
Atopamonos no basket con soldos e publicámolos. Acercámonos a Final Four e a Copa do Rei. No fútbol analizamos o ano desastroso do fútbol galego, e os Under 21. Xuntamos a dous mitos actuais do fútbol europeo, Raúl e Giggs. Apuntamonos as Fotogalerías, do Meigas - Fisober previo a tempada, do Muxía e de outros equipos.
Así pasiño a pasiño tentando mellorar. Seguindo a clasificación e resultados dos equipos do Fisober durante cada xornada. E quen sabe si faremos un especial das mellores frases e rumores durante todo o ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario