Como xa ocorrera na presentación do U.C. Cee femenino o ambiente festivo foi o máis importante.
O Fisober formou con : Catti, Cris, Inés, Laura e Pauliña; tamén xogaron : Amanda e Nuriña.
O resultado que foi o de menos foi un 3 a 8 a favor das de Fisober no que as goleadoras foron ; Pauliña con catro goles, Inés con tres e Laura.
Foi curioso como as xogadoras do Fisober fixeron todo o posible para que a máis pequena na pista a súa compañeira Nuriña conseguise un gol pero non puido ser.
Dende aquí queremos desexarlles moita sorte as rapazas de Alfredo Cambeiro, a espera que iniciativas como esta ou a de Cee sigan adiante. Dous proxectos que parece que se enfrontarán este sábado en Cee nun partido de fútbol 7.
A xente foi chegando pouco a pouco o Pavillón e o final puido chegarse a preto do centenar de siareiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario