LIGA AUTONÓMICA
RESULTADO : FUNERARIA APÓSTOL – FISOBER “ CONCELLO DE VIMIANZO”. 3-4.
F. APÓSTOL : Ángela, Belén, Montse, Alba e Irene ; tamén xogaron : Tere, Ángela Otero, Carla e Laura.
FISOBER : Paula, Patri, Nuria, Ana e Barca ; tamén xogaron : Elsa, Noelia, Myrella, Olalla, María , Eva e Iria.
ÁRBITRO E MESA : Ramón Grela e Gerardo Pájaro.
GOLES : 0-1 Nuria, 1-1 Belén, 1-2 Nuria,(descanso) 1-3 Barca, 1-4 Patri, 2-4 Irene, 3-4 Tere.
Importante e traballada victoria do Fisober na súa visita a Santiago o que era cuarto clasificado o Funeraria Apóstol. Unha victoria que quedou empañada polas lesións de Noelia e Nuria.
O partido comenzaba de vicio para as visitantes xa que despois dun saque de banda Nuria adiantaba o Fisober os dous minutos.
Pero pouco lle durou a ledicia as da Costa xa que un minuto despois Belén fusilaba dende lonxe para poñer a igualada.
O partido converteuse nun ida e volta con ocasións para os dous lados pero sin ningún equipo controlar totalmente o xogo, quizáis un pouco máis as locais. Así Montse poñía a proba a Paula quen paraba a xogadora local.
A resposta foi nunha contra visitante a que Barca incomprensiblemente erraba. No toma e daca foron as locais Belén de forte disparo e Montse finalizando unha contra as que non vían a maneira de batir a unha moi segura Paula cando chegabamos o ecuador da primeira metade.
Patri probaba sorte para as visitantes pero Ángela enviaba o seu remate a saque de esquina. Respostaban as locais por medio de Tere pero non tiñan maneira de perforar a Paula . E os nove minutos tocaballe as de Fisober por medio de Ana quen remataba de cabeza e o seu remate iase lambendo o pau.
A falta de seis para o fin despois dun saque de esquina novamente Nuria poñía en vantaxe o Fisober. E pouco despois nunha contra a visitante Noelia nunha desgraciada xogada desequilibrouse e chocou contra o muro e unha reixa do fondo do pavillón sufrindo un forte golpe na cabeza , non podendo continuar o partido.
Esta circunstancia descolocou un pouco as visitantes, así a tres para o fin entre Paula e despois Nuria evitaron a igualada e case o momento de novo o forte disparo de Belén puxo a proba a Paula. Co 1 a 2 chegouse o tempo de lecer.
Na segunda metade as locais conscientes do que lles ia no envite adiantaron liñas e aumentaron a presión. Facendo o partido máis interesante e vibrante. O partido converteuse nun correrrúas pero as ocasións claras non chegaron ata os cinco minutos por parte da visitante Nuria.
Unha Nuria que foi a protagonista da segunda das lesións visitantes cando nun balón dividido sufriu un forte golpe no xeonllo e o igual que Noelia non puido continuar.
Pero lonxe de virse abaixo o Fisober deu un paso adiante e os oito minutos unha combinación entre Elsa e Barca rematou co 1 a 3 a favor das visitantes. Tentaban de aproveitar o seu momento as visitantes e un minuto despois era Ana quen gozaba dunha boa ocasión.
E no ecuador desta segunda metade era Patri a que facía un esperanzador un a catro a favor das visitantes.
As de Fune lonxe de rendirse puxeron toda a carne no asador coa utilización da porteira – xogadora, dende ese mismo momento. Tres minutos tardaron en recortar distancias as locais e foi Irene a que aproveitou un balón para poñer o 2 a 4.
Os riscos asumidos polas locais tiñan que producirlle algún susto e ese provocoullo Patri cando roubou un balón e lanzou dende o seu campo pero foise amodiño lambendo o pau.
Parecía que respiraba un pouco o Fisober xa que a catro para o fin era Barca a que gozaba da ocasión para a tranquilidade pero non era quen de transformala. As de Fisober entregabanse e loitaban cada balón ata a extenuación na súa defensa do cinco contra catro.
Eses últimos minutos foron de infarto e chegou o momento de que Eva continuara co bo facer de Paula para que o fin desta segunda metade tomara protagonismo. A dous para o fin fixo unha dobre parada para evitar que se acercaran as locais.
Pero quedaba moito que sufrir xa que a un minuto e catorce segundos para o fin Tere facía o terceiro gol local. E nese último minuto aínda tivo que aparecer unha última vez novamente Eva.
O fondo a esquerda vemos a reixa onde se golpeou Noelia. |
Aínda así a última ocasión foi para as visitantes por medio de Barca pero Ángela enviouna a saque de esquina. Alí adicouse a gañar uns segundos antes do fin.
Un final o que se chegou ca victoria do Fisober e coas xogadoras visitantes desfondadas na pista despois do inmenso e innegable esforzo.Un partido que sigue deixando no liderato o Fisober e que alonxa xa a oito puntos as santiaguesas do Fune.
A nota negativa foron as lesións de Noelia e Nuria que se trasladaron o complexo hospitalario da Rosaleda para unha primeira exploración. Que se unían as baixas para ese partido de Alba e Ylenia, que foron cubertas por María e Iria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario