LIGA AUTONÓMICA
RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – RIAZOR : 6-2.
FISOBER : Paula, Patri, Elsa, Ana e Barca ; tamén xogaron : Nuria, Myrella, Ylenia, Noelia, Alba, Eva e Olalla.
RIAZOR : María, Elena, Alba, Paula e Sara; tamén xogaron : Lorena, Victoria e Jesica.
ÁRBITRO E MESA : Vicky Mosquera e Irene Lojo.
GOLES : 1-0 Patri, 1-1 Lorena, 2-1 Paula en p.p. despois de tiro de Myrella, ( descanso) 3-1 Barca, 4-1 Ana, 5-1 Barca, 5-2 Lorena, 6-2 Olalla.
Voltaba a Liga para o Fisober despois do parón de Nadal e voltou con victoria finalizando así a primeira volta como líder e a “honrriña” de ser campeón de inverno da categoría, nun partido que non foi dos mellores para as da Costa.
Presentábanse as dúbidas de como respondería o equipo despois do Nadal e eso marcou o partido, xa que as dúas formacións notaron o parón.
Aínda así os dous minutos Barca xa dispuxo da primeira ocasión para as locais. E os tres minutos era Patri recibindo despois dun saque de banda quen poñía en vantaxa as da Costa aproveitando o despiste visitante.
Pero o Riazor non se amedrentou e un lanzamento de Alba tocouno o xustiño Paula para que se fose o longueiro. A resposta local foi cunha ocasión novamente de Barca. Os sete minutos foi Myrella quen dende a dereita realizou un forte disparo que se foi o pau da portería defendida por María.
Os nove minutos un balón longo foi aproveitado por Lorena para poñer a igualada no electrónico de Vimianzo.
Pero por sorte para as locais pouco lles durou a ledicia as da Coruña, xa que unha combinación de ataque local terminou cun tiro de Myrella que mandou a súa propia porta Paula poñendo por diante de novo a Fisober.
A piques estivo de devolverle a moeda Riazor cun lanzamento de Lorena que puxo o medo na bancada.
Dende aquí o partido perdeu ritmo e volveuse o típico de volta de vacacións, con algunha ocasión aislada sobre todo para as locais que vían como a porteira do Riazor , María as despexaba con maior ou menor tranquilidade o igual ca local Paula.
Despois do tempo de lecer as locais decidiron darlle un puntiño máis de intensidade o partido, na busca de ampliar o tanteador e non vivir co susto no corpo.
Os tres minutos foron Barca e Patri as que viron como María evitaba que a súa dobre ocasión puxera o terceiro no lado local.
O partido voltou o ritmo da primeira metade ata que en tres minutos as locais o finiquitaron con tres goles.
Foi entre o sete e o dez cando primeiro Barca no sete, despois Ana no nove e de novo Barca no dez deixaron case sentenciado o encontro.
Co cinco un no electrónico relaxaronse algo as locais o que propiciou que Riazor puxera a proba a Eva que ocupou a portería nesta segunda metade case inédita ata ese momento. Eva respostou con solvencia a serie de ocasións das visitantes. E cando non era Eva foi Elsa a que evitou o segundo gol visitante.
Os últimos minutos foron un ida e volta continuo, a catro minutos para o fin era Noelia quen despois dunha xogada individual vía como o seu lanzamento ía o pau. A tres para o fin respostaban as visitantes co segundo gol de Lorena poñendo o 5 a 2 no marcador.Unha Lorena que a dous para o fin vía como o seu lanzamento ía o pau e impedía o seu terceiro gol.
Ese minuto foi propicio xa que a resposta foi cunha nova ocasión de Noelia. Pero as do Fisober querían marcar un último gol e Olalla que aínda non marcara nesta tempada foi a encargada de pechar o marcador e o partido co 6 a 2 a dous para o fin.
Despois do parón de Nadal a Liga volta a parar xa que se acabou a primeira volta e tradicionalmente se garda o fin de volta nas Ligas de fútbol sala por si hai que recuperar partidos. Co que o próximo partido será o 21 de Xaneiro en Santiago fronte o histórico Funeraria Apóstol o que non se sabe é si aínda contará ca mediática Verónica Boquete.
No hay comentarios:
Publicar un comentario