LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : MANUREVA TALLERES MUNDO – FISOBER B “ CONCELLO DE VIMIANZO”. 13-0.
MANUREVA : Melania, Natalia, Cristina, Olalla e Cintia ; tamén xogaron : Susana e Noa.
FISOBER B : Martina, Iria, María, Tamara e Inés ; tamén xogaron : Laura, Myrella, Cris, Loly, Nuria, María Maroñas e Catti.
ÁRBITRO E MESA : David Ruiz e Juan Pose.
GOLES : Marcaron para Manureva : Cristina 6 goles, Olalla 3 goles, Cintia 3 goles e Natalia un gol.
Partido xogado na tarde do sábado no Pazo dos Deportes de Arteixo no que o filial do Fisober en ningún momento foi rival para un Manureva, que foi moi superior.
Como ben indica o resultado o partido tivo pouca historia. Manureva comenzou o partido marcando xa no primeiro minuto e así ata o 5 a 0 o tempo de lecer.
Nesta primeira metade marcaba Cristina, despois facíao Olalla, de novo Olalla, repetía Cristina e pechaba a primeira metade co gol de Cintia.
As ocasións foron case na totalidade para as locais e as visitantes poucas chegadas reseñables tiveron .
A segunda metade foi o mesmo conto ata o trece a cero final. Aínda que algo máis que na primeira metade pola portería contraria apareceron as visitantes e con algunha ocasión máis clara pero sin conseguir o gol da honra ante unha Melania que tivo unha tarde moi prácida.
A noticia negativa do partido foi que Martina nunha xogada fortuita recibiu un golpe no xeonllo producindose un esguince e deberá permanecer unhas semanas de baixa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario