MUXÍA C.F. : Ángel Luís ( minuto 60 Jose Antonio), Carrera, Jose Manuel, Currás, Pataca ( minuto 46 Juan do Coral), Julián, Ziro, Raúl, Ramón, Martinciño e Pesqui.
PEREIRIÑA : Simón ( minuto 29 Adrián ), Morci, Mateo, Javichu, Fiuza ( minuto 46 Grille ) , Poky, Adán, Nestor( minuto 85 Javi ) , Álex, Victor e Rafa.
Expulsión : Minuto 89 o local Ramón por dobre cartón amarelo.
GOLES : 1-0 minuto 1 Pesqui, 2-0 minuto 31 Martinciño, 2-1 minuto 72 Álex.
Enfrontabanse na Arliña dous equipos da parte baixa da clasificación algo que quedou ben claro nun pesado e en mal estado terreo de xogo. Os locais levaronse a victoria e os seis puntos nos dous enfrontamentos directos.
Comenzou o partido cun regalo por parte visitante, unha falta de entendemento entre Simón e a súa defensa rematou cun balón para o xuvenil local Pesqui quen marcou a pracer o cero a un.
Nun campo da Arliña onde cada vez e máis difícil practicar fútbol os erros eran claves e así os 13 minutos outra descordinación entre Simón e a súa defensa deixou un balón a Raúl que non foi quen de superar a Simón desta vez.
Os 16 minutos o colexiado non aprecia fora de xogo nunha internada do local Ramón quen se enche de balón e envía moi desviado cando podía facer o que quixera.
Os 17 minutos Martinciño levase na frontal un balón por velocidade e Simón na súa saída a desesperada levao por diante en clara falta cando o local se atopaba nunha ocasión manifesta para o gol, pero o trencilla decidíu mostrarlle solo cartón amarelo o porteiro visitante.
Con motivo deste golpe pouco despois Simón tivo que ser sustituido lesionado. Algo que foi clave xa que unha falta lonxana e sin aparente perigo lanzada por Martinciño o sustituto de Simón , Adrián, introduciuna na súa propia portería despois dunha rocambolesca situación.
O partido seguía polo mesma senda ata que os 41 minutos o árbitro que era acorde o partido, se tragou primeiro a nosa opinión un claro fora de xogo visitante e despois na mesma xogada o lanzamento por encima de Ángel Luís sacouno , nos creemos tamén de dentro Pataca deixando seguir tanto unha como outra situación o colexiado.
Así chegouse o tempo de lecer onde os locais cambiaron a Pataca lesionado na xogada do gol pantasma por Juan do Coral.
Unha segunda metade que tivo aínda menos que contar ca primeira. Case ata o 2 a 1 obra de Álex non podemos contar máis ca imprecisións e un Muxía que tentaba crear perigo con balóns a Pesqui ou Juan do Coral.
O gol abriu un pouco máis o partido. E así gozou dunha ocasión Pesqui e o local Martín sacaba baixo paus un remate visitante de cabeza despois dun saque de esquina.
E no último minuto primeiro foi expulsado Ramón por dobre cartón amarelo e logo Adán vía como Jose Antonio sacaba unha man para evitar a igualada in extremis visitante.
Colabora QPC.
Colabora QPC.
No hay comentarios:
Publicar un comentario