LIGA PROVINCIAL
FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” B – A FERVENZA B. 1-6.
FISOBER B : Catti, Iria, María, Tamara e Inés ; tamén xogaron : Mónica, Laura, Cris, Natalia, Loly, María Maroñas e Martina.
A FERVENZA B: María García, Alba, Belén, Ana Queipo, Claudia, Laurita, Noelia, Aita, María Rodríguez e Nerea.
ÁRBITRO E MESA : Valentín Presedo e Gerardo Pájaro.
GOLES : 1-0 Inés, 1-1 Aita, 1-2 Aita de penalti, 1-3 Belén, (descanso), 1-4 María Rodríguez,1-5 Noelia, 1-6 Ana Queipo.
Voltaba o sábado a competición o Fisober B despois do longo parón que lles tocou vivir as do filial xa que non tiñan partido de competición oficial dende o 10 de Decembro entre a xornada que lles tocou descansar e o parón de Nadal.
Faciano por primeira vez en Vimianzo, ata o de ahora tiveran que xogar como locais en Baiñas e incluso na Ponte do Porto, amosando que van mellorando pasiño a pasiño e que non mereceron unha derrota tan abultada.
Non podía comenzar mellor o partido para as locais xa que un erro no pase das visitantes aproveitouno Inés para no man a man ca porteira poñer o Fisober B en vantaxa no primeiro minuto.
Eso deu confianza as da Costa que se atopaban cómodas en defensa e saíndo a contra. E nunha contra os sete minutos Inés enviou un pase elevado a María quen de volea vía como o seu forte disparo tocaba no traveseiro e se ía fora.
Parece que esa xogada fixo espertar totalmente as visitantes , que tomaron as rendas do partido. E empezaron a chegar con perigo a portería de Catti. E así os oito minutos era Aita a que poñía a igualada a un no marcador.
As visitantes chegaban cada vez con máis perigo. No minuto 14 era a local Tamara quen facía unha clara man para evitar un gol e o conseguinte penalti era transformado novamente por Aita.
Non se veu abaixo a pesar do mazazo o Fisober B e tentou seguir saíndo a contra . Pero os 18 minutos foi Belén a que poñía de forte disparo o 1 a 3 para a Fervenza. As visitantes dominaban cada vez máis e facían intervir a porteira local Catti pero o Fisober B non renunciaba a saír en perigosas contras e nunha desas cando faltaban tres minutos para o fin a capitana local María dispuña dunha clara ocasión despois dunha parede cunha compañeira pero o gol parecía pelexado con ela na tarde do sábado.
A pesar das ocasións para Fervenza e dalgunha outra para as locais o tanteador non se moveu e chegouse co 1 a 3 o tempo de lecer.
A segunda metade comenzou como a primeira cas locais un pouco máis enchufadas cas visitantes e así os catro minutos despois dun saque de esquina de novo a capitana local María loitaba un balón ca porteira visitante nesta segunda metade Nerea e tras dous lanzamentos o balón finalmente foise a rentes do pau axudado polo rexeite nunha defensa.
E de novo espertaron as visitantes que voltaron a tomar as rendas do partido. Comenzaron a dominar pero non chegaban ca mesma perigosidade ca na primeira metade para poñer en apuros a Martina que defendía a meta local nesta segunda metade.
Ata que no minuto 13 un lanzamento lonxano de María Rodríguez facía o 1 a 4 para as visitantes e rachaba definitivamente o partido.
Dende aquí ata o final o partido voltouse máis tolo, cun dominio e ocasións para as visitantes e as locais tentando saír a contra con boas combinacións pero nos metros finais pechabaselle a persiana.
E cando todo parecía que o resultado ía ser ese, nos dous últimos minutos as visitantes ampliaban o electrónico. Primeiro o facía Noelia a falla de dous para o fin e despois Ana Queipo a falla de 26 segundos para o remate do partido.
A pesares do resultado moi boa imaxe a deixada polo filial do Fisober .Destacar o debut de María Maroñas no Fisober B.
No hay comentarios:
Publicar un comentario