LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : VIAXES AMARELLE B – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” B. 8-0.
AMARELLE B : Anabel, Peke, Yeye, María e Uxía ; tamén xogaron : Cruz, Regi, Lara e Cris.
FISOBER B : Martina, Iria, María, Tamara e Inés ; tamén xogaron : Laura, Cris, Loly, Natalia, Nuria, María Maroñas e Catty.
ÁRBITRO E MESA : Eduardo Castro e Jose Ángel Fernández.
GOLES : 1-0 Peke, 2-0 María , 3-0 Cruz, 4-0 Regi, 5-0 Uxía,( descanso), 6-0 Yeye, 7-0 Cruz, 8-0 Peke.
Remataba a primeira volta para o remozado filial do Fisober e facíao fronte a outro filial o dun equipo de Prata do Viaxes Amarelle un conxunto con moita máis experiencia e dos favoritos o título o cal gañou con comodidade.
Tocaba unha maña de moita defensa para as do filial do Fisober e tentar roubar para saír a contra. E con esa filosofía comenzou o partido , un roubo de Iria quen pasaba para a capitana visitante María a cal se atopaba ca parada de Anabel.
Pero os tres minutos xa chegou o primeiro gol das locais por obra de Peke. Un Amarelle que non deixou de poñer a proba a unha inspiradísima Martina na portería visitante que a pesares da derrota fixo un auténtico partidazo.
Así o fixo ante a local María ata en tres ocasións e ante Yeye noutras tantas . Pero Martina non podía paralo todo e unha combinación entre Cruz e María rematou co gol desta última e co 2 a 0 no electrónico os doce minutos de partido.
O Amarelle seguíu a súa e Martina tamén, xa que freaba por dúas veces a Cruz. Logo era Regi a que mandaba o pau.
Os quince minutos chegaba o terceiro gol local , despois dun tiro de Cruz. E solo un minuto despois o cuarto por mediación de Regi.
Tentaba desperezarse o filial do Fisober de vez en cando por medio de Inés, María ou Laura. Pero a tres para o fin foi Uxía quen dende a frontal facía o quinto. Aínda así Martina seguía o seu.
A segunda metade nacía co mesmo guión, ataque local e tentar pescar algo para as visitantes. De novo Martina seguía a ser un pesadelo para as locais xa que nin Cruz ata en tres ocasións, nin María en dúas conseguiron aumentar as diferenzas. Seguían tentando as visitantes reducir distanzas por mediación de Iria, María, Inés ou mesmo Laura.
Mediada esta segunda metade Martina deixaba o seu lugar na portería a Catti para que tamén puidera disfrutar do partido e aínda tivo tempo de facer algunha que outra intervención.
E os catorce minutos unha combinación entre as visitantes María e Laura a piques estivo de convertirse nun merecido gol para as visitantes.
Dezaseis minutos aguantaron nesta segunda metade sin recibir un gol as visitantes ata que Yeye facía o sexto a pase de Cruz.
Despois Catti paraba sendos lanzamentos de Yeye e Cruz. Ata que no 21 desta segunda metade Cruz facía o 7 a 0 e a dous para o fin foi Peke quen pechaba o electrónico co 8 a 0.
Pese o resultado o filial do Fisober segue mellorando pasiño a pasiño, despois dun partido no que lle tocou defender durante moitos minutos, algo que tamén forma parte do aprendizaxe.
A próxima semana parase de novo a Liga, co cal algún equipo aproveitará para recuperar partidos aprazados e o 28 de Xaneiro o filial volta a competición ca visita a difícil pista doutro dos favoritos o título o Manureva.
Crónica por parte de Amarelle B.
Crónica por parte de Amarelle B.
No hay comentarios:
Publicar un comentario