lunes, 8 de enero de 2018

Search Me ! Crise.

Nestes momentos deberíamos estar falando de  porque non saiu ningún obispo a falar do fichaxe de Coutinho, de porque non saiu o Chuflas a decir non sei que de que eles non fichan xogadores de 160 kilos que eles son canteira, de porque non dimiten  Roberto e Soler despois do que dixeron o 2 de setembro, de porque non fala  agora o tuister do Barça coma no 2009 de comparacións de canteiras e de máis e máis faladuría barata que tivemos que aguantar estes anos. Como eses cartos non os gasta o Real Madrid nin Flo non vende, non vale para facer política, nin periodismo aos pseudomadridistas de sempre . Aquelos tempos cando vivían para darnos leccións, cantas puxeron pola boca, espero que agora as recoñezan. Cantos trolls tivemos que aguantar.

viernes, 5 de enero de 2018

Search Me ! Eu non sei nada. Lukita Doncic.

Estes días estanlle caendo a Don Lukita Doncic ( o xa "centenario" con 18 anos ) así que tiro de tuister para defendelo. Mira que poñerse con Lukita dicindo as barbaridades que din os incultos. O nome real é antimadridismo , o igual que o dos comentaristas en fútbol ou basket. Ser antimadridista vende é unha realidade e hai moito antimadridista na prensa por moito que digan.

Por certo hoxe vin a cachos o Pana-Efes, Barça-Cska, Uni-Vale , e ollo o Barça que Sito arriscou antes de morrer e parece que os secundarios lle están salvando a cachola.

Por certo 2 : O Maccabi chegou a Madrid antes que o propio Madrid, manda truco.

jueves, 4 de enero de 2018

490 partidos hateando a Lolaso.

Onte Pablo Laso igualou a lenda branca Pedro Ferrándiz con 490 partidos no banco do Real Madrid e mañán fronte o Maccabi T.A. superarao, e neses 490 partidos un servidor sempre coma un Pepito Grillo criticándolle case todo. Por iso hoxe é o día de recordar os mellores momentos de hateo, moi ligado o Lolaso ao blog.

miércoles, 3 de enero de 2018

jueves, 28 de diciembre de 2017

Real Madrid e Free Tabarnia.

O Real Madrid entra de cheo na política mostrándose a favor da creación de Tabarnia coma nova comunidade autónoma dentro do estado español e independizarse de Catalunya . Presionado pola gran cantidade de peñas que ten o clube na zona e todas elas a favor da creación de Tabarnia. Como Tabarnia é  despois de Madrid ,  é a segunda con maior número de peñas  brancas ,  fixo posicionarse o club neste tema político , en prol do pobo tabarnés. FREE TABARNIA.

martes, 26 de diciembre de 2017

Crítica ou alabanza ?

Como xa indiquei o domingo non puiden ver o Clásico, como non podo ver a maioría dos partidos que o Real Madrid xoga os sábado, por esa razón tirei coma moitas veces esta tempada da opinión dos "tuister stars".  Dende o sábado levo escoitando e lendo todo tipo de cousas, dende o ensañamento típico dos periolistos madridistas disfrazados, outros con crítica, os que menos crítica constructiva e tamén hai os de alabanza desmesurada , " con lo que nos han dado  " , esa mítica frase. Un servidor vai tentar tirar pola crítica constructiva aínda que de todos os que pasan por aquí habitualmente un pouco hater si que sou. Solo unhas letras tampouco moitas xa que da construcción do plantel xa se falou por estas terras tempo atrás.