domingo, 24 de diciembre de 2017

Search Me! Clásico de Nadal.

Pois onte non puidemos ver o partido así que tiramos dos "tuister stars" unha vez máis para a crítica do mesmo, pero sen especificar cada un que senón eternizamos, solo "tuits" ao tolo. Zizou, Karim, Cristiano, Carvajal e Marcelo bastante sinalados parece.

jueves, 21 de diciembre de 2017

Search Me ! Euroleague- Doncic Gate.

Se hai unha competición que un servidor pode ver máis ou menos é a Euroleague , debido a os días e horas que se disputa , e queda claro que os arbitraxes no Palacio non son nen moito menos coma en Atenas, Estambul, Belgrado ou Barcelona e o trato e as técnicas pitadas aos xogadores ou adestradores do Madrid comparado o comportamento que teñen os Spanoulis, Navarro ou Obradovic tampouco. Ves os partidos que se chupou o Madrid nesas pista ou o de onte entre Oly e Cska e ves os do Palacio e da a risa. Por certo se son coma esta semana con partidos martes, mércores, xoves case sempre atracón de partidos, venres e findes bad, bad.

Alá vamos cos tuister stars despois do Luka-Gate :

lunes, 18 de diciembre de 2017

Search Me ! Mundialito !

Non puidemos ver o partido por estes lares pero o Real Madrid gañou o Mundial de Clubs pechando o mellor ano , si ano o 2017, tempadas foron 2 como explican no seguinte fío irónico.

jueves, 14 de diciembre de 2017

Searche Me ! Tormento no deserto.

Non sei pero o partido de onte no Mundialito foi dos máis esperpénticos que me tocou vivir do Real Madrid, superando cando foramos a outro a Brasil a facer o canelo tamén. Entre ocasións falladas sen xeito, xogadores andando, contras a go-go, VAR , retrasmisión infame, un tormento no deserto. Así que toca tirar dos "tuisters stars" de novo.

Creo que solo salvaría a Modric e Cristiano de onte pero Marcelo, Isco, Varane, Casemiro, Karim ou Kovacic estiveron realmente denunciables, Achraf vinlle síntomas danilescos pero o chaval polo menos ven gratis e saiu da canteira.

E Gareth si o pobre lle respetaran as lesións.
 Por certo parece que os siareiros do Barça lle doen máis os BdO de Cristiano que as Copas de Europa que levamos 3 de 4. Aquí un que firma para que lle dean BdO a eles e que nos gañemos CdE cada ano.

Alá vamos :

sábado, 9 de diciembre de 2017

Euroliga a basura.

O mércores coñecise que Randolph como mínimo ata Xaneiro non pode xogar, outro pau máis para a tempada do Real Madrid de basket. Xa o avisei antes do partido vs Olympiakos que sen pivots non se pode competir en Euroliga.

viernes, 8 de diciembre de 2017

Search Me ! Ballon d´or 2017.

 Vin en "tuister" un fío de @atooca moi interesante e vouno compartir en galego con unhas pequenas modificacións. Os que seguen o blog saben que un servidor é bastante hater de Cristiano sobre todo cando está en plan Tristiano,  pero non se lle poden negar certas cousas como as que se explican no seguinte fío. Saberán tamén que a min os premios individuais nun deporte colectivo impórtanme bastane pouco, de que valen se o Real Madrid non gaña títulos. Non nego a súa arrogancia, chulería, e que parece non ser o mellor dos compañeiros, pero tampouco nego que foi o xogador máis completo que vin, dos do meu pasado non podo falar, que dotou o equipo dunha fame incrible e que nos permetiu loitar de ti a ti co noso máximo rival en plena Era Messi, e iso é basicamente mérito de Cristiano. Como se está a ver cando el non marca en Liga por exemplo, ao César o que é do César. Seguidamente o fío cheo de verdades.
Foto do debut de CR en liga vs Depor

jueves, 7 de diciembre de 2017

VARAS .

O día de hoxe vai ir adicado as varas, as diferentes varas de medir que ten a suposta prensa madridista española, dame a risa con este calificativo, a diferente vara de medir que ten a televisión do réxime independentista en diferido, e as diferentes varas de medir que se teñen con certos xogadores sobre todo por Zizou.