lunes, 15 de mayo de 2023

Algo máis sobre o ascenso e a Copa.

 Onte o traballo deixounos a oportunidade de pasar pola Arliña, podendo disfrutar do amigable vs o UC Cee con triunfo para os locais por catro a un.



Un partido que serveu de preparación para o que está por vir ,e con elo non perder o ritmo tan esencial para o Muxía, que vai a ser moito e moi importante. O que máis nos gustou foi poder disfrutar de rapaces da canteira, mesturados cos maiores, veteráns e noveles como di o himno do Madrid. Os Ángel, Kevin, Javi, Damián, Eloy, Darío, Hugo e tamén Mateo o único que non é de orixe muxián pero que leva dende cadete no club, un rapaz moi querido tanto por compañeiros coma polos habituais  nas bancadas de inferiores, un muxián máis de adopción.

Interesante que haxa xuveniles tamén en dinámica xa que se todo vai ben, e se as datas son como esperamos por aquí, polo menos unha semana deberíamos ter dobre partido, con permiso do ascendido Camelle, outro equipo cheo de muxiáns por certo e que a bo seguro nos vai a poñer as cousas moi difíciles a vindeira fin de semana.

O dito a vindeira fin de semana toca a visita ó sempre difícil Rodeiro, para enfrontarse a un recén ascendido como o Camelle. Un Camelle cheo de "muxiáns", cos Roi, Huchiño, Ruso, Martín, Chori, Rodri, Marcelino, Santi...., uns cantos como vedes.

Todo pintaba que o partido sería o sábado a tarde, pero a concesión da final da Copa da Costa xuvenil entre o Xallas e o Sofán que finalmente se disputará o sábado a tarde na Arliña, danos que igual fai que o partido en Camelle sexa o domingo, son suposicións, non información, nunhas horas supoñemos que se confirmará.

Onte por exemplo faltaban entre outros Gusa, Joselu, Julián, Anxo... que non sabemos se chegarán para o partido co Camelle.

Si o Muxía é quen de eliminar o Camelle, según o cadro o próximo rival debería ser o Soneira o fin de semana do 28, xa que visita ó Ameixenda. De pasar Muxía e Soneira, a Copa voltaría a Arliña un ano despois, xa que a preferencia é para o de menor categoría.

Ese finde supoñemos tamén que iniciará a fase de ascenso, xa que logo este fin de semana finalizán os grupos de Santiago de onde saíran os rivais como dixemos xa no seu día.

O que si é seguro é que o rival vai ser o Valiño de Cabo de Cruz, terceiro do grupo Santiago 1, ou o Cacheiras que tamén ten asegurada a terceira praza no grupo Santiago 2. Sortearase o rival pero xa é seguro que o partido se disputará na Arliña.



Tamén é seguro que vamos pola parte de arriba do cadro. Si solventamos esta eliminatoria o rival sairá do Bertamiráns que vai ser segundo no grupo Santiago 1, salvo que o Praiña a pifie en Dodro o fin de semana. O rival deste está por dilucidar xa que nestes momentos sería o Estradense B, pero este xoga contra outro implicado como é o Laro, e incluso dependendo do resultado deste enfrontamento o Belvís podería entrar como cuarto clasificado, polo tanto todo pode pasar e toca esperar unha semana.

De pasar Muxía e supostamente Bertamiráns, sortearíase si é na Arliña ou a domicilio, si pasan Muxía e o cuarto, sería na Arliña.

Polo outro lado irá o Corme, que sorteará tanto rival entre Cacheiras e Valiño, un irá co Muxía outro co Corme, coma si o partido será no Cairo ou a domicilio.

 O posible cruce do Corme saíra do Urdilde que vai a ser cuarto no grupo Santiago 1, e o que non se leve a liga entre o Sport Team A Estrada e o Vea que andan igualados a puntos pero co Estrada coma líder. 

De pasar roldas pois a final sería a dobre partido, a ver si chega o Muxía. De ir pasando roldas tamén en Copa pois a partir do 28 habería dous partidos por finde polo tanto a achega dos xuveniles ademais de axudar nos adestramentos, deben axudar nos partidos.

Non sabemos como está a normativa, quen vai ir sábado ou domingo, Liga ou Copa. Tampouco sabemos como está a de xogadores de inferiores nos partidos en ambas competicións, a regra xeral é catro de inferiores no campo a vez, pero non sabemos si hai matices nestas competicións.

Toca esperar o sorteo e as datas definitivas pero algo máis ca da outra vez xa sabemos. Neste blog priorizariamos Liga e ascenso, sinceramente, non hai que renunciar a nada, pero eso priorizariamos. Ademais en Copa todo pinta a un camiño de espiñas, Camelle, Soneira, Xallas ou Esteirana, Sofán serían o noso lado, case nada, pero si os rapaces teñen a oportunidade de ter minutos contra calquera destes xa é un premio, cousas da xestión de grupos. Se nos tumba o Camelle, borramos a metade desto.

Anteriormente:

Pildoriñas de ascenso.

Sementar . 


No hay comentarios:

Publicar un comentario