martes, 23 de febrero de 2016

Remar, remar e remar.

Este artigo debín escribilo o xoves pero como non puiden pois aquí estamos  agora. Non teño nada novo que dicir que xa non dixera ou iso penso  e debo recoñecer  que pasei de ver o Madrid de fútbol o domingo , preferín ver un partido da Costa pero alá vamos.


Escrito quedou e díxeno por activa ou por pasiva que por moito que trocáramos de adestrador, deille a benvida a Zidane desta maneira e volvín aclaralo o día que pinchamos co Betis o principal problema é o que é , os xogadores nin máis nin menos e por desidía o presidente o non saber atallar o problema no seu día, non aproveitou este verán no que llo deixaron botando para facer limpeiro e agora que.

Non vou volver a falar dos que debían marchar , nin quedar  ,a día de hoxe non sirve de nada. De feito actualmente para un servidor son transferibles todos excepto Modric, así me atopo.

Que queredes que vos diga, creo que estamos  nunha situación bastante parecida a chegada de Mou, ese é o meu sentir. Xa nin competimos a Liga, que ata o fixo Pierdegrini  ou Juande, e agora nin iso, cun equipo a priori espectacular aínda como repetín bastantes veces carente de líderes, onde está o Chapu do fútbol , o noso Mascherano, a gran carencía deste grupo , un líder  real.

Non vou atarme o último cabo que é a Champions, xa que non estamos claramente para esas guerras. Problemas atrás e no medio moi claros, e en cuartos xa non quedarán equipiños e si nos tocan en semis seguro que non os hai. E sen presionar arriba non sabemos roubar, hai que presionar arriba señores.

Que toca logo, pois remar, solo nos queda remar, complicarlle as cousas o máis posible o Barça para que non sexa quen de repetir triplete , xa que dous títulos xa os teñen apalabrados e o noso pasotismo na Liga facilítalles as cousas en Champions aínda que parece que moitos non se dan conta. Se poden rotar en Liga , terano máis fácil en Europa , ese foi o noso último regalo. Onde  se perdeu a nosa alma de loitar ata o final, de suar a camiseta, o noso orgullo.

Unha pena que quedaramos para isto, para remar e complicar, é boa pena pero é a realidade.Nin competimos ! Estamos nos pes dunha lesión de Busi , penso que a estas alturas de febreiro é o único que afasta o Barça doutro triplete. Busi xogador máis importante do que parece. Dádeme un Busi-Lukita e dominarei o fútbol.

 Que si que xogan con rede e con todo a favor pero na adversidade antes creciamos agora minguamos.

O artigo está cheo de links pero todos os do Real Madrid pinchando aquí.


Non vou escribir máis, creo que as ideas xa están claras. Hai que remar, eso é o Real Madrid, remar na adversidade. 

Hala Madrid !


No hay comentarios:

Publicar un comentario