lunes, 29 de febrero de 2016

Perdóname Lolaso.

Que mellor día ca un 29 de Febreiro, dos que hai poucos na vida para pedirlle perdón a Laso, aquí sempre chamado  Lolaso dende o cariño, agora. Un Lolaso que empezou sendo un pouco mofa e que rematou sendo o que é un estilo, no bo e no malo.



Non podo dicir que confiaba no Lolaso como vou deixar claro neste artigo xa que vou ir linkando o que dicía del en cada momento, polo tanto vou quedar retratado. De feito creo que sempre me quedará a dúbida sobre Laso, a desconfianza nel, creo que parte do éxito se basa neso, en quitarlle méritos ó Lolaso, e que siga funcionando vaia.

O blog case arrancou da man do fin do Messina - Molín e a chegada do Lolaso, así que vou ir deixando as miñas letras do pasado. Cantos anos de mamar penurias do basket aqueles tempos nos que sufrías os partidos de basket na casa, canto sufrimos aqueles anos co Madrid e que tal lle chamamos a moitos dos que agora idolatramos. Moitos periolistos e siareiros que solo viven o momento non recordan aquelo por eso vai ir de links esto, para que todos quedemos retratados.

É moi bonito comparar basket e fútbol  agora , pero hai que mirar atrás un pouquiño e taparse. Son deportes, mundos , entornos diferentes.  Usar o baloncesto para pegar ó fútbol é un argumento moi pobre, que ademais ven dos  que non teñen nin idea deste gran deporte.  Por exemplo Sergio Llull , 3 ligas en 9 anos e 1 Euroliga, esto no fútbol é xeración Loser non ?, como o resto de títulos pouco contan  para algúns. Si tiramos de historia Lolasa todo cambia eso si.

Hai tertulias e portadas porque o fichaxe de Trey ou Taylor non funcionan?  Porque non ten minutos Willy ou Lukita ? Que Bou se está saíndo noutro equipo ? Si collen as imaxes de moitos tempos mortos e as caras de Felipe, Chacho ou Llull cantos Sáfames deses que son os deportes agora teríamos. Xa vos digo eu que co entorno e a presión mediática do fútbol, Laso estaría na Liga China ou así. Cantas portadas non teríamos sobre Tomic o ano pasado, máis ben creo que Tomic seguiría no club, cunha super-renovación e nos sin títulos claro. Mismamente onte co non saque de Maci e a súa mala defensa, si Lllull non poñe a mandarina en fútbol teríamos debate toda a semana.  Si de basket solo se fala de Curry e di se Llull poñe un triple lonxano, nada máis. Deixade o basket tranquilo.

Agora a quedar retratado :

Trasladámonos o 3 de xuño de 2011 eliminación co Bilbao Basket en Acb e a miña Indiganción. Creo que lle pegaba algo tamén os xogadores.

E solo tres días despois largáballe un letras sobre o basket, leo e vexo o fútbol agora para os que comparan.

Vaia semana xa que o 8 de xuño publicaba o anuncio "irónico" do que adestrador que necesitaba o Madrid, seguíamos para bingo.

O 1 de xullo chegaba Laso, nos desilusionados e volta a vaca o millo.

A finais de outubro por fin falaba algo do Lolaso, bueno non critiquei moito penso. E en decembro ata tiña boas palabras para Laso, sorprendido estou.

Chegaba febreiro do 2012 e como non , chegaba o día da marmota, errou o Lolaso e paus.

E en maio o factor Querejeta a palestra.

Como me perdín por diferentes razóns partidos da final, pois acabarón así os comentarios do ano 1 de Laso. Campeón de Copa, fora no Top 16 da Euroliga e finalista de Liga, despois de tela na man si non recordo mal. Esto no fútbol andaría preto do despido e nas tertulias e cas portadas ía ter abondo.

Así de confiante arrancaba o ano 2 do Lolaso.  Tan ben foron as cousas que ata abril do 2013 non volvín a escribir, para pegarlle un pauiño como non. Ata xuño non volvín escribir, foi polo Sada - Gate  na final da Acb. Dentro da mesma final, entrábame o Co-laso.

E remataba o ano 2 do Lolaso, eliminados na Copa por non pechar ben o rebote dun tiro libre a fallar que nos levou a 2 prórrogas e perder co Barça, perder a final da Euroliga despois de ir  gañando de vinte puntos e título de Liga. Si fora fútbol ía ter abondo Laso tamén.

Volvían ir as cousas ben, non falei ata marzo de 2014, mima. En maio volvíamos a perder a final da Euroliga, despois de ir gañando de 11, en Milán sempre pensei que se quedara o Lolaso.

A finais de Xuño do 2014  vía moitas nubes, fin do Lolaso ?

Remataba o ano 3 do Lolaso, con título de Copa e moitos records, pero de novo escapábase a Euroliga o final e na prórroga e o título de liga. Si chega ser fútbol non íamos ter presión mediática nin nada, portadas e portadas, e os das teles xa nada.

En decembro de 2014 de novo o Lolaso contra as cordas, beggining of the end. Moitas letras contra o Lolaso. Semanas despois non entendía nada, nin eu nin moitos, o poder Lolaso.

En Maio do 2015 mesturaba basket e fútbol.

Remataba o ano glorioso do Lolaso o seu culmen , gañando todo, e agora si que comezaban a criticar a Flo , alabando ó Lolaso, en fin.

En novembro escribía sobre o Lolaso, se non hateo non funciona. E meu último Lolaso ata agora foi o Boom, unha pena ese partido.

Agora xa ten unha Copa máis e mércores temos un partido chave vs Cska en Euroliga. E a prensa ten un acicate para pegarlle a Flo. Recordo algún da prensa futbolística  falando no descanso fronte o Khimki fai un mes , dicindo que se cargara a sección, fai un mes tan solo,  así de especiales somos.

Eso si no basket o Madrid prescindio de Tomic porque non daba o perfil Lolaso, como pasou con Bou e posiblemente con Trey. No fútbol posiblemente seguirían . No basket  búscase o perfil de xogador necesario. Con Chapu, Ayón, Maciulis, Lima  fichamos pegamento, forza, dureza ..... Esto si falta no fútbol.  Pero non fai tanto Llull e Chacho non valían e queríamos a McCalebb. Como opinaba eu facíao a maioría dos siareiros do basket madridista, a prensa non que pasa do basket .

A veces tamén fai falla un pouco de sorte no momento adecuado, para que todo vaia ben. E un Chapu, ese xogador que odiarías coma rival e amas cando é dos teus. Algo que pasaba un pouco con Rudy tamén.

Como dixo Laso : " El Real Madrid es exigencia pura y quién no lo entienda no puede venir a este club. Un título te exige el siguiente ".






No hay comentarios:

Publicar un comentario