Non teño moito
que dicir porque igual me paso pero falar vou falar e dar paus, pauiños e pauasos, que iso desestresa ou iso din.
Dende onte
levamos co tema dos pasaportes do basket a voltas. Non levo dicindo tempo nin
nada eu que iso é un chanchullo total. Por fin se vai mirar isto, pero claro
porque o Madrid decidiu entrar no xogo , outros poden xogar con cartas marcadas
pero si entras ti, tururú, caerá o peso da lei. E despois outros venden
persecución a un país e a un club, suor frio.
De feito quen me
coñece sabe que estou bastante en contra destes temas. Non me gustan que xoguen
os Senna, Diego Costa, Sterbik, Mirotic, Ibaka, Fernandao …… con España pero
iso case é outra cousa, aquí solo nos acordamos cando o fai Qatar ou cando perxudica a España , si , si que nos
non o facemos.
Pero claro
resulta agora que o único pasaporte fraudulento do basket español é o de
Slaughter, e veña festa. De Pete Mickael
Mikelov o búlgaro non falamos, de C.J. Wallace o único congoleño branco
tampouco, que dicir de Brad Oleson casado cunha española pero con noiva da zona de L.A. segundo din polas redes sociais , ten unha
muller ben comprensiva o español de
Alaska. E poderíamos seguir eh, cando
estivo de moda as vodas express un
xogador de 19 anos casouse cunha empregada dun club de 31, levaban 4 anos
saíndo dixo o presi, claro ligouna con 15, era alto e tal. Eses sin forzar , que si hai que poñerse empezamos a destapar que da para un libro.
Manda carallo por
non dicir outra cousa que o equipo dese país pequeniño vaia como parte
perxudicada no caso cando foron os inventores
disto, xunto co equipo do país dos impostos diferentes, non sei cantos
selecionables ten ese equipo, un e algún africano dos que recluta Pepiño. Valors
creo que lle chaman. Xa o dicía Karusito no 2011, Chichi Cotonou.
E nos que temos
que ser os do señorío. Si son Flo ou denuncio todos os deles ou arramplo co
equipo e alá que vivan os da mafia do aire, xogar solo Europa e listo . Creo
que non vou falar máis non vaia ser que me denuncien a min tamén. Vitaminas, dietas, facenda , fichaxes, todo Ok.
Outro tema do que
me gustaría falar e das críticas a como xogou o Espanyol contra o Madrid.
Sinceramente penso que é o único equipo que xoga máis duro co Barça que contra
o Madrid, é unha realidade, pero o resto da Liga fai o contrario, así nos
sentimos nos as outras 36 xornadas xentiña, equipos morrendo contra o Madrid e
de festa fronte o Barça , é o que hai.
Vou falar de algo
parecido, ese Atleti que é violento contra o Barça e intenso contra o Madrid,
ou unha cousa ou outra, xogan todo o ano igual pero o calificativo é diferente
segundo con quen xoguen e o arbitraxe tamén , máis de un mes estivo Carvajal de
baixa e nin amoestaron o infractor, como
moito amarela, que as vermellas gárdanas para os amigos do que queren imputar. Central
leiteira din !
Vaia 2 competicións
mafiosas temos que aguantar e logo din perigosamente preparadas, tes que rir
non queda outra, perigosamente preparadas pero para quen. Quizais eramos nos os
que tiñamos que pedir xogar outras ligas e non outros.
Para rematar co
rusito, cedémosllo a outro dos equipos que tanto nos quere, si nos preguntamos
por un xogador deles pouco menos que sacan os tanques a rúa.Non comprendo
certas cousas, supéranme.
En fin que nada que somos o equipo do goberno,
da prensa e tal, que enganados vos teñen oh, que enganados vos teñen.
Outro día falo que sigo sin querer a Cristiano, que James está para 30-40 minutos e Jesé para o arrastre, a ver que tal fora da casa e nos partidos chave , ata daquela, dúbido entre sólido ou gaseoso como dixen fai uns días.
Outro día falo que sigo sin querer a Cristiano, que James está para 30-40 minutos e Jesé para o arrastre, a ver que tal fora da casa e nos partidos chave , ata daquela, dúbido entre sólido ou gaseoso como dixen fai uns días.
Un saudiño que
polo menos algo desafoguei, a ver se non me denuncian que eu non teño para
pagar. O buenismo non vende, Enlama que algo queda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario