jueves, 1 de octubre de 2015

Record & TDT.

Facía tempo que non escribía por aquí pero hoxe vou a continuar e completar algo que puxen no cara-libro, sobre CR e TDT.
Debut  de  Cristiano en Liga vs Depor 


Non hai mellor día ca hoxe para dicir que Cristiano debeu ser vendido no verán , na miña opinión seriamos mellores por moito que me digan os entendidos de bar. El e Casillas eran saídas necesarias. Díxeno en Xuño e volvo dicilo. Íker foi o mellor porteiro da historia do Real Madrid e dificilmente vexamos outro igual pero xa non daba o nivel e os seus amigos periolistos non o axudaban en nada. E Cristiano pois si é moi bo marca e marcou moitos goles e sigue tendo o nivel para o Real Madrid. Pero Flo dixo que o club necesitaba un novo impulso cando chimpou a Carlo , creo que a saída de Cris e novos roles para, Bale, Karim, Isco , James e Marco Asensio, si Marco vai ser o futuro ou iso espero, pois novos roles para eses xogadores sen ter que acabar todas as xogadas en Cristiano nos faría mellores a estas alturas. Os seus grandes números non se traduciron en gran número de títulos, así que era un cambio que propoñía para cambiar dinámicas, sabendo que teño a moitos madridistas en contra pero que se lle vai facer. Records non enchen vitrinas, sempre o dixen.

Esas dúas saídas implicarían unha nova Era, e o momento era o propicio. Debo recoñecer que fun o Bernabéu o día do seu debut en Liga.

Tampouco aparecerá nadie  dicindo que o Madrid acabou onte con 6 da canteira como alardeaban antes polo Norte, si o fin e o cabo o que mandan son os resultados aínda que non o dixeran anos atrás, ben que asubían agora. Por certo agora que teñen baixas onde está a súa inagotable "Casona" , isto é cousa de xeracións tamén , non solo de traballo. Lémbrome cando dicían que o novo Valdés, Puyol, Xavi, Messi tíñano na “Casona” , pobriños que enganados vivían.

Como levo tempo dicindo Real Madrid Tv na Tdt xa case é unha realidade , e claro agora dirán que a pagamos todos os españois , o tempo. Falarán de Franco, do equipo do goberno e todo iso. Non falarán das subvencións encubertas da Generalitat vía Tv3 ou por outras vías. Recordo cando fai uns anos o F.C. Barcelona era a entidade que máis cartos recibía polo desenrolo do catalán nas escolas, e as entidades educativas non saían do seu asombro. Seguro que tampouco saben que Franco no ano 1965 firmou un decreto que rematou ca débeda do Barcelona pola cal recalificaban os terreos de Les Corts e así o club que se atopaba en quebra pola construción do Camp Nou  puido pagar 230 millóns de pesetas salvadores. Claro aquí solo se fala das do Real Madrid. Non sei quen será máis equipo do goberno !

Non dirán que en Digital + xa é gratis non coma a doutros, ou que si baixas a App do Real Madrid tamén é gratis. Ou que o Real Madrid fichou menos este ano para pagar e montar a tele. A finais de Outubro nas súas casas se non teñen un alcalde antimadridista , eso si solo en teles con HD. Que mellor maneira de falar de madridismo que ca tele e a App.
Por algo os periolistos están tan nerviosos van perder espectadores, como dicía un o mércores agora é moi difícil acertar as alineación do Madrid, non sei cal será a razón.

PD. O que lle levo visto o Madrid non é moi alentador, iso si , non nos marcan goles, 1 en 8 partidos oficiais.
Un saúdo haters.

Artículos anteriores :




No hay comentarios:

Publicar un comentario