lunes, 3 de noviembre de 2014

Lira - Fisober B. 4-4.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : CONCELLO DE CARNOTA LIRA – FISOBER “B” F.S.F. : 4-4.

LIRA : Lía, Inés, María, Bárbara e María Caamaño ; tamén xogaron : Martina, Isabel, Leticia e Sandra.

FISOBER B : Anabel, Tamara, Paula Fandiño, Nuria e Laura ; tamén xogaron : Andrea Piroja, Alejandra, Andrea Muiño e Natalia.


ÁRBITRO : Jorge Fernández  ; CRONO : Jesús Liñares.

GOLES : 0-1 Laura, 0-2 Andrea Muiño, 1-2 Bárbara, 2-2 Bárbara, ( descanso ), 3-2 Bárbara , 3-3 Andrea Piroja, 3-4 Andrea Muiño, 4-4 Sandra.

Partido disputado o sábado na tarde – noite en Carnota no que era o segundo derbi costeiro consecutivo para o filial do Fisober.

Partido cheo de alternativas, no que o filial mesturou bos minutos con outros nos que perdeu a concentración, a intermitencia típica do  equipo.

Arrancou moi ben o filial co control do balón e do partido. Os do arranque foron os mellores minutos das visitantes.

Xa o pouco do inicio a visitante Laura enviaba un balón o pau. Pouco despois non erraba e facía o cero a un para o filial. E pouco despois era Andrea Piroja a que tamén se atopaba co pau.

Pero extranamente todo trocou cando Andrea Muiño facía o segundo gol para as visitantes o primeiro ca camisola negra . O filial xa non controlaba tanto o encontro  e as lirachas entraban no partido. 

Máis aínda cando facían o un a dous, por medio de Bárbara.

Este gol puxo  nerviosas as visitantes e o partido xogábase xa o ritmo que querían as roxas. Máis cando de novo Bárbara poñía as táboas no electrónico, un dous a dous co que se chegou o tempo de lecer.

A segunda metade estivo chea de alternativas e ningún dos dous equipos tivo o control absoluto do partido.

Comezaron golpeando as locais co terceiro gol de Bárbara, co cal consumaban a remonta.

Pero volveu aparecer o filial do Fisober, e despois dunha gran xogada colectiva Andrea Piroja marcaba a pracer para igualar de novo o partido.

A catro para o fin de novo Andrea Muiño poñía en vantaxe as visitantes, acadando o seu segundo gol no partido e o seu segundo gol oficial ca camiseta do Fisober.

Como o partido non tiña fin, as locais aínda non dixeran a última palabra e aproveitaron un lanzamento de falta de Sandra para poñer o definitivo catro a catro no electrónico, nun derbi no que ningún dos dous equipos se deu por vencido.


No hay comentarios:

Publicar un comentario