lunes, 10 de noviembre de 2014

Fisober - Unami. 1-1.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : FISOBER F.S.F. – UNAMI C.P. : 1-1.

FISOBER F.S.F. : Leti, Ana, Inés, Myrella e Noelia ; tamén xogaron : Mai e Raquel.


UNAMI : Elena, Marina, Patricia, Laura e Sofía ; tamén xogaron : Adela, Lucía, Cristina i Estela.

ÁRBITROS : Raquel Manteiga e Borja Moreira ; CRONO : María Rey.

GOLES : 1-0 Ana , ( descanso ) , 1-1 Patricia.

Partido disputado na tarde  do sábado no Pavillón Municipal de Dumbría “O Conco” correspondente a sexta xornada da Segunda División Nacional feminina.

Tocoulle emigrar como local o Fisober a Dumbría con motivo da Xuntanza de Palilleiras en Vimianzo e o destino quixo que acadara alí o seu primeiro punto da tempada o que lle permitiu deixar de ser o pechacancelas da clasificación.

O partido que foi moi igualado pero de poucas ocasións claras puido caer de calquera lado o final rematou con empate.

Arrancou o partido con dominio de balón visitante, cun Fisober que se sentía cómodo a contra, mesturando presión a saída do balón con esperar en media pista.

Así pasaban os minutos ata que no minuto doce despois dunha xogada embarullada a capitana local Ana poñía en vantaxe as da Costa.

Unha vitoria local pola mínima ca que se chegou o tempo de lecer.

A saída dos vestiarios o Fisober decidiu esperar en media pista para gardar forzas.

Pasaban os minutos e todo seguía igual. Ata que mediada esta segunda metade, despois dunha xogada tamén desafortunada e embarullada a visitante Patricia facía o gol do empate.

Con este resultado de igualada chegouse o final dun partido que permitiu acadar o Fisober o seu primeiro punto da tempada.

A vindeira semana toca visita o Atlético B.


Dende o Fisober querémoslle agradecer o Concello de Dumbría tódalas facilidades postas para a utilización das súas instalacións e o trato recibido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario