lunes, 17 de noviembre de 2014

Fisober B - A Baña. 1-2.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO: FISOBER “B” F.S.F. – A BAÑA : 1-2.

FISOBER B : Paula Lema, Andrea Muíño, Andrea Piroja, Paula Fandiño e Laura; tamén xogaron : Alejandra, Marina, Nuriña, Antía e Tamara.


A BAÑA: Celsa , Tania, María Maroñas, Andrea e Lucía ; tamén xogaron : Lidia, Daniela, Rocío, Estefanía e Nerea.

ÁRBITRO : Maryluz Mendoza  , CRONO : Roberto Míguez.

GOLES : 0-1 Rocío ( descanso ) , 1-1 Laura, 1-2 Daniela.

Partido disputado na tarde do sábado no Pavillón de Vimianzo onde os tres puntos  marcharon cara terras do Val da Barcala.

O máis positivo do partido para o filial foi que por fin as lesións lle permitiron debutar en Liga Provincial a infantil Marina e a volta a Vimianzo con outra camisola de María Maroñas.

O filial en ningún momento atopou o ritmo de partido ante un equipo visitante moi presionante e máis metido no partido.

Na primeira metade a penas houbo ocasións para ningún dos dous equipos. Polas locais solo Tamara representaba un certo perigo para o equipo Barcalés.

No minuto doce unha xogada por banda dereita da pequena Nerea rematou con centro o segundo pau onde apareceu Rocío para adiantar as visitantes.

O gol puxo aínda máis nerviosas as locais que non foron quen de poñer en excesivos apuros a Celsa.

A segunda metade foi máis do mesmo, cunhas visitantes que non pasaban excesivos apuros, solo Tamara e Andrea Muíño creaban un certo perigo.

Mediada esta segunda metade Laura despois dunha boa combinación do equipo igualaba o partido. Pero as locais non foron quen de aproveitar o arreón do gol para poñerse por diante.

E a tres minutos para o fin Daniela facía o un a dous refrendando o bo traballo do seu equipo.

Dende aquí ata o final , moitos nervios por parte local e unha boa ocasión para Laura pero o resultado xa non mudou.

A vindeira xornada tocaralles visitar as Espartanas o filial do Fisober.


No hay comentarios:

Publicar un comentario