lunes, 19 de mayo de 2014

Meu legado.

Por primeira vez e sen que sirva de precedente vou falar de algo non relacionado co deporte
pero como sei que tarde ou cedo vai chegar a min, hoxe a 14 de maio de 2014 as 11:03 da mañá pois vou deixalo escrito para cando me chegue a xeira  o “legador” non se sinta ofendido.

Vou falar do dichoso “Legado de Tibu”,  de Cortois ou de quen raio sexa. Poderedes dicir que son demagóxico, oportunista, pouco divertido, que isto é un simple xogo……….. e tódolos  adxetivos que se vos ocurran,  e sono pero non me importa, eu son exactamente igual ca vos, non mellor e incluso peor pero teño gañas de desbarballar que polo menos desafogo. Quen me coñece sabe que a día de hoxe non me importa moito mollarme.

A bo seguro, alguén se acordará de min e quererá que cumpra, e esta resposta non vai para el/ela en particular vai para todos vos en xeral.

Canto fará  que non me mandades  un mensaxe, un “juasap”, ou me fan unha simple chamada. Supoño que non se acordaría de min para felicitarme o cumple ( sería deses 10 elexid@s ) , preguntarame de vez en cando  que tal me vai ? Se sigo no paro?  Si durmo ben pola noite cas cousas que teño na cachola ? Si chorei moito nos últimos  meses ?………………. , para animarme e seguir adiante seguro que non vos lembrástedes de min.

Da que pensar, preocupámonos polos que nos rodean ? os que son do noso círculo de amigos-coñecidos ?  dos veciños ?……… , pois creo que moitas veces non e eu o primeiro, pensamos  unicamente en nos mesmos . Pero como nos gustan estas caralladiñas , para isto si que nos preocupamos e nos apuntamos.

E logo se aproveitaramos o legado para axudar ou promocionar unha boa causa ?

Sinto moito pero o legado é o que me deixaron os meus avós, paternos “ O Piloto” e “Carmen de Soneira” e maternos “Lelo” e “María do Pacheco”, todo o que se preocuparon por min e o que me axudaron no que puideron. Que dicir dos meus pais, Luís e Ana, que me axudaron e me axudan día a día.

A eles que quizais nunca lle agradecín, nin agradecerei o suficiente, ese si é un legado. A educación que me deron, non sei si a aproveitei pero creo que me educaron con moi bos valores.

E ademais da educación a escolarización todo do que se privaron para acadalo . Que non é o mesmo educación ca escolarización, hai xente que non foi escolarizada que foi educada cuns valores soberbios e ten unha educación que todos quixéramos para nos , e todo o contrario xente con título universitario, master e demais  que carece de educación.

Miña irmán que sempre estivo aí para min, que me deixa como legado o meu sobriño Lucas, meus tíos, curmáns e amigos que nunca fallan.

Ese é o verdadeiro legado, e non estas modas absurdas que veñen de fora. E porque non como legado, vamos axudarlle a escunchar a un veciño , ir a herba seca ,  ou a poñer patacas con el, a ir a  leña o monte, ou atalingar anzois, ou desenliar  as vetas, estirar un palangre, ……….. iso non é “cool” non farda nun vídeo.

Legado é recuperar unha vella historia, ou unha “cantarea” como dicía miña avoa María, gravar un pequeno vídeo de traballos no mar ………….. ese sería un verdadeiro legado. Pero por esa senda nunca tiramos, gusta máis humillar e facer sufrir.

Eu non quero ser, nin vou ser exemplo para ninguén  , xa que non vou facer  nada do que predico, pero si quero que os que leades isto reflexionedes un pouco. Diredes si este personaxe malgasta o seu tempo nun blog deportivo que me vai contar, alá el coa súa tolemia,  pois non conto  nada pero polo menos desafoguei.


Se nos mollaramos así  para outras cousas mellor nos iría, incluído un servidor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario