viernes, 9 de mayo de 2014

Hipnose !

Hipnotizado, adurmiñado,anestesiado,  baixo os efectos dun potente somnífero así andaba eu despois de tirar definitivamente a Liga o Real Madrid o mércores. Incrible, non estaba cabreado, non  importaba nada,  a Copa e pasarlle por enriba o Bayern, tapa todo, a ansiada Décima ! Unha parte do madridismo estaba nesa mesma situación, outra  está  cabreada .



Co paso das horas, un vai dándolle voltas e comeza a cabrearse e vou dar razóns aínda que despois quizais dea as contrarias, coma a vida mesma vaia, que resultadista.

A razón do cabreo é moi simple, somos o REAL MADRID, o cal leva implícito que aspiramos a todas e cada unha das competicións e punto. Máis aínda se o Atleti, que ten menos equipo que nos ! e menos presuposto,  está a competir pola Liga, na Final de Champions e caeu ante nos en semis de Copa. Fin do debate.

Para máis INRI puxemos na Liga o Barça e démoslle a oportunidade de gañar un título, seguro que os siareiros do Real Madrid na capital tanto lles da Atleti ou Barça, pero por estes lares non hai comparación, nunca o Barça. 

Pode ser a quinta en seis anos, pensen isto levamos unha Liga en seis anos, miña nai querida. Pensen iso ou cinco Ligas menos co Barça de seis ou as mesmas co Atleti e catro menos co Barça !!!!!  

Ademais de regalo como mínimo chegando por encima deles a última xornada viviriamos o paripé, co escarnio público internacional de velos como se deixaban gañar fronte o Atleti, #Valors, pero nin iso.

Salvedades , máis ben salvedade a ansiada, mítica e todo o que queiramos dicir sobre a DÉCIMA. Obviamente, levamos doce anos esperando por esa oportunidade e por fin chegou. Prioridade máxima , estou de acordo, a todos nos treman as pernas ca DÉCIMA, converteuse nunha obsesión.

Un servidor non discute a alineación que sacou Carlo o domingo, realmente encantábame, moi ben rotado, lévollo pedindo todo o ano.

Quizais non tivemos sorte e os xogadores loitaron bastante, aínda que moitos non deron o nivel.  Pero si quedou a sensación de que non foron tan ordenados nin obedientes coma en Múnich, o equipo partido e moitos xogadores que gustaron  de subir e non de baixar e iso que había 5 xogadores de refresco, Diego López, Marcelo, Varane, Illarra e Isco. Se non te aplicas i eres un bloque , no fútbol pódeche pintar a cara calquera , volvíamos a tirar  a Liga de novo.

Mércores xa case se xogaba para non dar opcións o Barça. Con Carvajal, Bale e incluso Varane en clave Lisboa os que se lle xuntou CR, estou seguro que noutras circunstancias arriscarían,pareceume  normal. O  que non me parece tan normal e con medio equipo novo, volvésemos a ter unha actitude deplorable con tantos metros entre liñas e xente que non baixaba, o despiporre  habitual. Con estar xuntiños chegaba, o gol víase vir ,nada máis que declarar. Ese Real Madrid debe gañar a ese Valladolid.

Poñer o Barça na loita e de regalo as lesións de CR, Di María e a máis preocupante Pepe, un dos xogadores máis en forma. Algo non se está a facer ben. Hai que rotar antes Carlo, por dúas razóns ; a carga de minutos que teñen algúns e a falta que teñen outros sen confianza. Despois queremos que nos saquen as castañas xogadores que apenas xogaron. Aínda así os xogadores do Real Madrid deben deixalo todo no campo, algo que non sucedeu.

Uns apuntiños dos dous partidos. Morata e Illarra necesitan unha visita o psicólogo e un lavado de mente, vense superados.

Morata necesita minutos , tranquilizarse e volver a coller confianza. Unha cesión ou unha venta estilo Carvajal e a demostrar  si  vale.

Illarra, desde Dormund está superado, xa levaba a mochila encima dos 40 kilos, agora leva un tractor, necesita as vacacións e recargar pilas e mente de cara o próximo ano. Para levar o peso en Lisboa non está, os do Cholo pápano seguro. Teño confianza  nel para a próxima tempada, pero a día de hoxe está verde, pódelle a presión.

Benzema, o dianteiro perfecto para  Cristiano e Bale, esfúmase sen eles. Con Morata e Jesé out tamén , vese a necesidade dun dianteiro Killer para estas situacións.

Xa estou ata os mismisimos do tema Iker-Diego, e os que se alegran dos erros dun ou doutro e dos acertos dun ou doutro, eu quero que gane o Real Madrid xogue quen xogue e listo.

En definitiva que a tempada vai ser Morte ou Gloria, se ganamos a Champions será un éxito, pero se non a ganamos vai ser un desastre e unha tortura xa que ou o Atleti fará dobrete ou o Atleti –Champions e Barça –Liga, non sei si poderíamos saír da casa.

 É triste pero ese resultado van cambiar todas as opinións, a miña tamén ? Si a gañan serán heroes si a perden caeranlle de todos lados.

A obsesión pola Décima non nos deixa ver o ceo e nubra a nosa mirada, o día 24 cando espertemos da hipnose será un grandioso soño ou o  máis cruel dos pesadelos.

Todos meus artículos sobre o Real Madrid.



No hay comentarios:

Publicar un comentario