lunes, 23 de diciembre de 2013

Txantrea - Fisober. 4-2.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : TXANTREA – FISOBER F.S.F. : 4-2.

TXANTREA :  Goñi, María, Ane, Ibañez e Nerea ; tamén xogaron : Virginia, Rebeca, Rizos, Maider e Urra.

FISOBER : Anabel, Patri, Elsa, Inés e Ana ; tamén xogaron : Noelia, Myrella, Raquel i Eva.


ÁRBITROS : Stalyn Bravo e Jesús María Ramos , CRONO : Manuel Franco.

GOLES : 1-0 Maider , 2-0 Rebeca , ( descanso ) , 3-0 Nerea, 3-1 Inés, 3-2 Ana, 4-2 Nerea.

Partido disputado o sábado en Pamplona co que finaliza o ano 2013 para o Fisober na categoría Nacional. A vitoria quedouse en terras navarras, nun partido que estivo moi igualado e que se levou o equipo máis efectivo nos metros finais.

Saíron os dous equipos a pista moi temerosos e pensando máis en gardar a roupa que en atacar. Ningún dos dous quería dar un paso en falso sabedores de que o se adiantara tiña moito ganado.

Así transcorrían os minutos sen apenas ocasións. A máis clara foi cando a visitante Inés se atopou co pau os seis minutos.

Nada cambiaba e solo algún tiro lonxano poñía en apuros as porteiras. Ata que os doce minutos un xogada de balón parado era aproveitada por Maider no segundo pau para marcar a pracer, a importancia do segundo pau no fútbol sala, sobre todo sabendo que segundos antes as visitantes non aproveitaran unha xogada similar.Resultado en contra para as da Costa.

Fíxolle  dano este gol, xa que comezaron a sufrir algo máis, cun dominio local pero sen ser agobiante, a ocasión máis clara foi un tiro o pau da local Virginia.

Cando parecía que se chegaría con ese resultado o tempo de lecer de novo unha xogada de balón parado que tan ben traballan as navarras propiciou o dous a cero por parte de Rebeca a 36 segundos para o final. E puido ser pero xa que nos derradeiros segundos tivo que sacar Raquel  un lanzamento o pau das locais que se paseou pola raia.

A saída de vestiarios foi distinta, o partido cambiou de guión, as visitantes foron un pouco máis agresivas e acumularon ocasións nos primeiros minutos pero a meta local Goñi parecía infranqueable.

Desfixo ata catro claras ocasións a Ana, Patri, Noelia e incluso un libre indirecto na frontal do área. Non había maneira de superala , Goñi estaba a ter unha gran actuación.

E cando máis apretaba o Fisober unha contra local rematou co terceiro gol das navarras obra de Nerea a doce para o fin.

 Todo parecía perdido xa, pero un roubo de balón a nove para o fin  propiciou unha contra das da Costa que rematou co gol de Inés. E solo un minuto despois era Ana a que remataba para o tres a dous. 

Voltabamos a ter partido. Nese mesmo minuto Patri tivo a ocasión para o tres a tres pero Goñi aparecía de novo.

A cinco para o fin un erro nun despexe das visitantes propiciou que Nerea de novo encarara a Eva para poñer o catro a dous.

Nos últimos tres minutos e medio as da Costa saíron co ataque de cinco pero apenas crearon perigo e as ocasións máis claras tivéronas case co tempo cumprido as visitantes  Noelia e Raquel.


O máis positivo do partido foi que Eva, Myrella  e Patri voltaron das súas lesións e en principio con boas sensacións.


Dende aquí desexar a todos os siareiros do Fisober unhas Felices Festas de Nadal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario