lunes, 2 de diciembre de 2013

A Fervenza B - Fisober B. 4-2.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : A FERVENZA “B” – FISOBER F.S.F. “B” : 4-2.

A FERVENZA B: Carla, Raquel, Raquel Felpete, Natalia e María ; tamén xogaron : Andrea Rodríguez, Andrea de Paz, Antía, Sara, Candela e Cristina.

FISOBER B : Anabel, Noelia, Andrea, Tamara e Paula Fandiño ; tamén xogaron : Laura e Alejandra.


ÁRBITRO : J.J. Romaus , CRONO : M. Filgueira

GOLES : 1-0 Andrea Rodríguez, 2-0 Andrea de Paz , ( descanso ), 2-1 Paula Fandiño, 3-1 Natalia, 4-1 Andrea de Paz, 4-2 Paula Fandiño.

O filial do Fisober desprazábase na tarde do sábado a Narón para disputar un duelo de filiais, e desta vez tocoulle xogar de vermello as da Costa pero parece que non lles deu sorte e seguen ca súa mala xeira de resultados, ante un A Fervenza B que se colocou líder.

Arrincaba o partido con dominio local e o Fisober B tentando defenderse e saír a contra. A pesares das ocasións locais o electrónico non se movía e de vez en cando as visitantes poñían en algún que outro apuro a portería local.

Cando se entraba nos últimos minutos da primeira metade Andrea Rodríguez aproveitaba a súa oportunidade e dáballe vantaxe A Fervenza B. Parecía que se chegaría con ese resultado o tempo de lecer pero Andrea de Paz facía o segundo para as locais chegando o último minuto.

A volta dos vestiarios o dominio local xa non era tan palpable e non chegaban co perigo da primeira metade. 

E así mediada esta segunda metade Paula Fandiño aproveitaba unha falta indirecta para apretar o electrónico poñendo o conseguinte medo no corpo as locais.

Nos últimos minutos dous goles case seguidos de Natalia e Andrea de Paz pechaban definitivamente o encontro e deixaban a vitoria na casa.

A pouco para o fin de novo Paula Fandiño facía o definitivo catro a dous.


A pesares de que a Liga sofre un parón de dúas semanas o Fisober B adiantará o venres día 6 o partido que debía disputar o día 21 de Decembro a petición do Troula de Betanzos, así que xogará en Betanzos o venres  e en principio logo non tería outro partido oficial ata Xaneiro.

Visión de A Fervenza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario