lunes, 16 de diciembre de 2013

Fisober - 4 Arcos Logroño. 4-4.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : FISOBER F.S.F. – 4 ARCOS LOGROÑO: 4-4.

FISOBER : Anabel, Patri, Elsa, Ana e Noelia ; tamén xogaron : Raquel, Inés e Olalla.

4 ARCOS : Ana Palacios, Ana, Ana Sesma, Elena, Amor ; tamén xogaron : Joanna.


ÁRBITROS : Jesús Otero e Rubén Ferrero ; CRONO : Jose González.

GOLES : 1-0 Elsa , 1-1 Amor, 2-1 Inés, 2-2 Ana , ( descanso ) , 2-3 Ana Sesma, 3-3 Raquel, 4-3 Ana, 4-4 Elena.

Recuperou  este sábado en Vimianzo o Fisober  partido aprazado da terceira xornada que o enfrontaba o 4 Arcos Logroño. Un Fisober que está nese momento da tempada Lei de Murphy, na que a sorte non as acompaña, se algo pode saír mal está saíndo  mal tanto nos partidos como no tema de lesións.

Se no anterior partido debutaba Martina na portería do primeiro equipo, esta semana tocoulle debutar como títular en Segunda División a outra porteira do filial Anabel.

E iso que o partido comezou ben para as locais  xa que Elsa no primeiro minuto marcaba o primeiro gol do partido cun lanzamento  que se colou pola mesma escadra.

O Fisober dominaba e as visitantes defendían no seu campo na busca de roubar e saír a contra. Os tres minutos era Patri a que enviaba un balón o pau.

Os seis minutos despois dunha longa posesión as locais nin recordaban que a xogada comezara co saque da  súa porteira e xogaron con ela, co conseguinte libre indirecto que aproveitou Amor para igualar o partido.

O partido non mudou posesión e control local e as visitantes pechadas  tentando aproveitar algunha contra. E no minuto nove era Inés de reviravolta  a que volvía a poñer en vantaxe as locais.

Pero a xogada chave do partido foi a dez para o fin desta primeira metade, cando Joanna facía unha forte entrada a Patri lesionándoa no nocello esquerdo, non podendo continuar no partido e a espera da visita o trauma para saber o alcance da lesión. Segunda amarela para a visitante despois de dúas entradas en dous minutos.

Pero o  Fisober entrou en shock pola lesión da compañeira  e non foi quen de  aproveitar a superioridade, sen apenas crear perigo neses dous minutos.

Co paso dos minutos foi voltando  a situarse o conxunto local e continuou co mesmo guión o partido, pero  a dous para o fin desta primeira metade unha contra visitante era finalizada por Ana e de novo igualada no electrónico ca que se chegou o tempo de lecer.

A volta de vestiarios, continuou o partido como se viña disputando na primeira metade  e  a local Inés tivo dúas grandes oportunidades unha despois dunha xogada de Noelia a que non chegou  e a segunda cun lanzamento o pau.

Todo empeoraba para as da Costa  cando os catro minutos desta segunda metade Noelia vía a segunda amarela por unha protesta. E as visitantes si aproveitaron a superioridade cun gol de Ana Sesma para o dous a tres.

Tocáballe remar na dificultade as locais. Solo dous minutos despois Raquel aproveitaba unha combinación do equipo para lograr o empate a tres.

Dende aquí ata o fin foi un dominio total da posesión polas locais e as visitantes pechadas que apenas chegaban nalgunha contra. A posesión e o dominio  non era quen de superar a ferrea defensa das rioxanas e cando a superaban aparecía a súa porteira.

Parecía que o partido remataría con igualada a tres , cando a dous para o fin a capitana local Ana conseguía de gran lanzamento o cuarto gol para as da Costa despois de tanto sufrimento  parecía que a vitoria se quedaría en Vimianzo.

Pero non era o día e pouco lles durou a ledicia xa que a un e medio para o fin un gran lanzamento da visitante Elena, poñía de novo a igualada no electrónico co cal se chegou o fin do partido.

Fotografías propias e do Facebook do Ribera Navarra no partido en Tudela no que o Fisober tamén xogou de branco.





No hay comentarios:

Publicar un comentario