De tanta cousa
que escoito, vexo ….. pois apetéceme largar algún “pandullaso” pero dialéctico sen violencia.
O primeiro
“pandullaso” é para os que tanto critican a Álvaro Arbeloa, tanto periolistos como os grandes
entendidos de fútbol dos bares e das redes sociais. Señores eu quero a
Álvaro Arbeloa no meu clube, non é Cafú evidentemente, pero é un lateral que cumpre que fai o seu
traballo, que sabe ata onde pode chegar, non fai o que non sabe como outros que
se pensan a oitava maravilla do mundo , a súa banda non sole ser un coadeiro e
máis de un xogador de talla mundial non se desfixo del con facilidade e aínda o
recorda amargamente. Para os que
tanto o critican gustaríame que se pasaran pola videoteca e se virán os seus
partidos en Segunda División co Castilla,
xogando de central, certamente
sublime, eses que tanto idolatran a outros sub 21. Non creo que España teña laterais dereitos
superiores a el nestes momentos, pero para iso xa están vostedes os grandes
entendidos do fútbol.
Pero o que me fai
máis gracia son os periolistos que ensalzan a Del Bosque
en todo pero claro como Arbeloa se posicionou pro Mou pois hai que atizarlle a Arbeloa por todos os lados. Se confía
en el será por algo señores periolistos
a ver si se aclaran e deixan de ser tan ventaxistas.
Neste caso tamén decir que alabaron cando Ramos foi de cara con Mou pero
critican agora a Arbeloa por ir de cara, aclárense por favor. Unha pena que neste tema non acerte Del Bosque, periolistos. E iso que penso
que hai certas cousas que non debeu dicir a prensa, pero a dobre vara de medir
de algún non me gusta.
O segundo “pandullaso” é para os madridistas que
un día piden que hai que fichar a Bale,
Cavani, Luís Suárez……. Para o
outro día vai marca Morata e hai que
quedar con Morata con Jesé ……. E así
día tras día, para diante e para atrás. Señores que xogan once e non hai sitio
para todos ou fichamos a uns ou quedamos cos outros pero todos dame a min que
non caben. Para non xogar mellor que se fagan fora e collan minutos e experiencia.
Como xa dixen en
máis de unha ocasión, para fichar medianías si teño xente da casa que me pareza
interesante utilízoa, subir por subir tampouco, hai que valer para o posto que
se necesita. Pregúntome se os que piden canteiráns
nun hipotético cruce de Champións
con Karim, Cristiano ou quen sexa lesionado despois se queixarían de Morata ou Jesé se teñen un mal día e o equipo queda eliminado. Eu polo menos non, se penso neles comprendería menos urxencias neste senso , pensará o mesmo o
clube e os siareiros ? Ollo deberían entrar pouco a pouco e limitarlle a presión.
De feito como
está o mundo, a crise, e o que van a caer os ingresos sobre todo televisivos é
unha opción moi aconsellable, para baixar
a inflación que están a provocar os
xeques e rusos do momento. Eses prezos por Cavani, Suárez…… por favor. Non son mellores co Pipa, pero Suárez moitisimo máis xogon que Cavani onde vai parar.
Renovación de Cristiano si, pero non a calquer prezo que en dous anos xa anda nos 30, é un xogador moi importante pero o Real Madrid seguirá despois de Cristiano.
Este lévame a un
“pandullaso” para o señor Florentino Pérez cando chegou para as anteriores eleccións dixo que ia nacionalizar o plantel, creo que os fichaxes
nacionais con peso no equipo foron mínimos, sei que o mercado nacional é
compricado pero algo máis puidose facer. Máis ahora que os equipos españois non teñen un peso.
Do tema Zidane xa non falo, vai ser segundo adestrador, recomendador de fichaxes, amigo con dereito a…. ? paréceme que non
son postos compatibles estar no banco de
axudante e recomendar os fichaxes. Non digamos xa que nun principio dixo Flo
que sería o director deportivo Zizou
e agora xa non. Un dos dous non ten palabra.
O señor
Florentino Pérez o igual cos madridistas do segundo “pandullaso” non sabe o que quere e iso é o problema, foraneos,
nacionais, canteira, ata que non aclare este punto, quen dirixirá este tema e a
Liña a seguir non facemos nada. E
para tirar da canteira ten que haber un adestrador
que confíe neles e lles de oportunidades, para telos de mobles ( non era unha
camada de xogadores boa penso eu ) como no ano de Queiros mellor que se fagan noutros equipos e si dan a talla
voltarán. Eu non son moi de Del Bosque
pero para o proxecto que se tentou facer el era o adestrador adecuado, coñecía A Fabrica
e sabía que xogadores eran necesarios, iso é o que debemos ter claro o que e o
como, fora como fose Mou el tiña asúa Liña, discutible pero a súa Liña. Eu no seu día xa falei da Operación Reconquista.
A min non me preocupa non ter adestrador a estas
alturas si se teñen claros os pasos a seguir, en caso contrario estou
preocupado. Fai uns días xa falei de que o equipo non necesita tantas cousas, tamén hai que pensar o estilo de xogo do novo adestrador, igual el si necesita. Cando se
aclaren algo as cousas dará para máis palabras e analizar o estilo de momento PANDULLASOS.
Para mañán xa deixo algo preparado de basket.
No hay comentarios:
Publicar un comentario