miércoles, 19 de junio de 2013

Co-LApSO .

Vou escribir antes do derradeiro partido para deixar a miña opinión antes de que se dea un ou outro resultado, para que estas palabras  non dependan do título de Liga ou da humillación de non ganalo.


Vai ser curto e non vou falar de estatísticas, de números ……… guiado  polas sensacións que me deixan estes catro partidos da Final. Como dixo no seu día un comentarista de Marca Tv na retrasmisión dun partido de Euroliga : “Las estadísticas son como un bikini en la playa te puede decir muchas cosas pero no te enseña todo “. Pois o que non che ensina me vou a referir.

Teño a sensación de que o Barça está a dominar os tempos e ritmos de xogo durante toda a serie, independentemente de que vaia por diante ou non no electrónico. Estase xogando como quere Pascual non como quere Laso.

Tamén teño a sensación de que os xogadores do Real Madrid andan desaparecidos, excepto Felipe Reyes ningún deu o seu verdadeiro nivel, uns máis ca outros evidentemente pero parece pesarlle a responsabilidade de vestir a camiseta branca nos grandes partidos. Ansiedade nos xogadores ?

E o derradeiro o señor Laso, pois o Real Madrid pode facer un xogo moi vistoso, pode chegar moi lonxe nas competicións pero a realidade é que o igual que Mou se perde hoxe o seu único título será unha Copa en dous anos. En cambio Xavi Pascual gañaría Liga e Copa nun ano supostamente de “transición”, sen esquencer aínda que non o pareza non se sorprendan señores pero  o presuposto do Barça e maior co do Real Madrid e uns cuantos millóns.

O meu denostado Pascual da a impresión de gañarlle no táctico e no mental a Laso, co seu xogo tan pouco vistoso vai camiño de limparlle de novo un título o envidiado xogo de Laso. Un Laso que queda retratado en cada tempo morto, sempre semella perdido e sen respostas. Durante os partidos tan lento na toma de decisións. A tardanza en pedir tempos mortos. E como non súa rotación que ten toda a impresión de  seguir unha base de datos de minutos. A eterna pregunta de non xogo interior polos xogadores que teño ou non me gusta xogar interior ?


Non discuto o que mellorou Laso a este equipo e a moitos xogadores, pero tanto Laso coma os xogadores non están a dar a talla nos grandes partidos, será hoxe o punto de inflexión ? permítanme que o dubide. Con outro  adestrador  non esquenzamos a Era Messina,  este plantel melloraría  resultados ? O eterno medo de cambiar para empeorar ou a sensación de que Laso está de prácticas a consta do Real Madrid, esperemos que esta noite me quite a razón. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario