domingo, 30 de enero de 2011

Crónica de Fisober B - Sada

LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : FISOBER “ B “ CONCELLO DE VIMIANZO .  2 – 7 . SADA F.S.F.
FISOBER “ B “ C. VIMIANZO : Eva, Ylenia, Lara, Noelia e María ; tamén xogaron Myrella, Andrea e Baio.
SADA F.S.F. : Marta, Laura, Rita, Mónica e Zulaima; tamén xogaron Camino, Maite, María, Camila e Thais.
Arbitros : Jose Ramón Grela e Gerardo Pajaro ; boa actuación.
GOLES :  0-1 Mónica, 0-2 Camino, 0-3 Rita, 1-3 Andrea, 2-3 Lara, 2-4 Mónica, 2-5 Mónica, 2-6 Maite, 2-7 Thais.
Voltaba a xogar na casa o filial de Fisober despois de cinco saídas consecutivas e facíao ante o intratable lider da categoria Sada que conta por victoria todolos partidos e que se presentaba en Vimianzo con todo seu arsenal entre as que destacan entre outras Laura e a fisterrana Rita moitas delas con amplia experiencia en categorias superiores. E a pesares do gran partido realizado 3 malos minutos en cada metade deixaron o Fisober B de novo cunha derrota demasiado amplia para os méritos realizados.
Saltaba Sada ca convicción de gañar o partido pola vía rápida e aplicaba unha presión asfixiante sobre as locais e xa no primeiro minuto se acercaban o gol pero Eva evitabao. Pero a tromba visitante e uns despistes das locais fixo que entre o minuto 7 e o 10 Mónica, Camino e Rita puxeran un desmoralizante 0-3. O equipo local pediu un tempo morto tranquilizouse mellorou no xogo dende a defensa  e vio como Andrea tras unha excelente xogada e Lara de falta a dous minutos para o descanso poñían o 2-3 no marcador  e o lider nunha situación que quizais non se viran en toda a tempada.
O Sada saiu con todo tralo descanso preocupado polo gran fin da primeira metade que fixeran as locais e de novo tres minutos de falta de concentración nas locais entre o seis e o nove case similar o periodo anterior puxeron unha lousa  insuperable sobre as locais, con tres novos goles do Sada a cargo de Mónica en dúas ocasións e Maite. De novo un tempo morto parou a sangría e fixo mellorar o xogo de novo o filial do Fisober pero non foi quen de acortar distancias a pesares das ocasións de Ylenia, Lara e Andrea. En vez de eso foi Thais quen puxo o 2-7 final, nun partido tremendamente esixente para o filial de Fisober e do que deben aprender que a falta de concentración nuns minutos afean un bó partido e que dende a defensa tamén se poden remontar partidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario