domingo, 16 de abril de 2023

O señor.

 Estes días coñeceuse que o Madrid tivo beneficios no primeiro semestre así que vamos deixar unhas cousiñas.




Cóntannos Roberto Bayón e 2Playbook, por certo son da competencia de Flo para os mal pensados, que o Madrid tivo 59,35 kilos de beneficios antes de impostos, 44 despois deles, neste primeiro semestre da tempada 22/23, na pasada tivemos 2,56 e 1,1 respectivamente.

94 kilos de beneficios de traspasos de xogadores dos cales 80 kilos son reais de traspasos propiamente ditos( Casemiro entre eles), e 14 de reversións de deterioro de tempadas anteriores.

Contención do gasto en plantel deportivo cunha dismuninución de case un 10% na seu primeiro plantel, xunto tamén ca disminución da amortización dos traspasos de xogadores. No feminino e no basket subíu un pouquiño, un kilo cada un máis ou menos segundo contan.

Aumento de 42 kilos da cifra de negocios impulsada por uns maiores ingresos de ticketaxe e aboados, xunto ca volta da xira de pretempada. ademais do triunfo na Supercup de Europa e do Mundial de clubs. Disminución en Tv pero aumento de venda en tendas.

Non quero aburrirvos se estedes máis interesados en datos pasade pola web antes sinalada ou por Roberto Bayón, que xa nos falou de economía en tempos do Covid.

Pero bueno, todo o que critico a Flo e a Dinoxunta en temas de fichaxes, política de comunicación, traer ao Carlo ou a Chus, como foron as saídas de ZZ ou o Lolaso, superpifia  .... teño que adoralos en temas económicos. Ten o estadio case listo, porque doutra cousa non pero disto sabe un cacho. A famosa escala salarial tamén é chave.

E claro acórdaste de cando se xogaba timbas cos cartos da caixa, ou se ía as viaxes do club a vender porcos, miras e ves como outros abrazan maniquís, hipotecan todo, venden a cachiños o club, ou teñen os marxes salariais baixo mínimos. 

Que viaxa a costa do seu lombo, non paga o club os seus dispendios nas viaxes. E seguro que fai negocios no palco, non o dubido, o que gañou sendo presidente do Real Madrid foi notoriedade, pero negocios fanse en todos os campos, no Campo Novo, en Riazor e incluso na Arliña, nin os malos son tan malos, nin os bos son tan bos.

Algo aprendeu da súa outra etapa e xa non caeu nas trampas de Cr ou Churu para renovar unha e outra vez.

Por moito que nos digan que é un mafioso e todo o que queiran, home a bo seguro que ten poder, sobre todo no tema económico e que coñece xente, coma outros. Pero que non me conten que manexa a prensa deportiva se ten a maioría en contra, incluso dende a prensa de Madrid apoian a calquera que o queira chimpar. Quitoulles o negocio do club, mentras outros os invitan a churrasco ou lles pagan directamente. E non falemos da publicidade "gubernamental" doutros para comprar silencios. Nunca esquencerei a mítica entrevista dos Manolos de vergoña axena. Solo hai que escoitar a pelopincho onte, ou o seu mítico, se nos escapa la liga. Que perdeu unhas eleccións polo voto por correo, os mortos quitáronlle a presidencia unha vez, a segunda xa non picou, pero utilizaron todas as armas de manipulación mediática habidas e por haber contra el.

Como mostra aquí seguimos prensa xeralista, Tvg,RMTV e Mundo Deportivo, do resto nin un click, con iso dicimos todo. En redes bebemos de todos lados, pros e antis é moi saudable, madridismo para o Covid.

Mañán seguro que se acordan a full de nos no Nicrariensis, por certo si fai Flo iso temos que marchar en globo do país e xa estamos en Rexional fai semanas, por moito que digan a estas horas o pais sería unha bomba e aquí parece que non pasou nada,   cousas do Relato que despois venden que temos nos. Bos meses para seguir aos de sempre, pero sobre todo a futbolgate. Pero bueno se non pasa nada cos problemas de corrupción que temos en todo o sístema, dende a política, a economía, enerxía.... como para escandalizarnos por esto.

O señor que incluso nos deixou unha entrevista e que en economía vai por diante nosa.

Hai que criticalo e querelo, así crece un club, co pauaso e o cariño. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario