viernes, 7 de abril de 2023

Pido perdón.

 Pois finalmente é para ledicia do madridismo e dun servidor incluido, toca de novo pedir perdón tanto ao Carlo coma a Chemiña, como prometemos facer en caso de que o Madrid se zumbara ao Barça e vaia se o zumbou. Perdón a ambos.



Debo recoñecer que me tiraba dos pelos despois de ver o once, con Toni e Lukita de novo xuntos, sen Nacho, pero ao Carlo saíulle como supoño que esperaba e ben está o que ben acaba. Non é a primeira vez que debo pedirlle perdón ao Carlo, pero a menudo téñome que comer as miñas palabras e descubrín que é unha dieta equilibrada. Xa nos retratou o ano pasado e trouxo a 14, voltarao a facer?

 Por certo como dixo o mister aínda queda a final, a última vez que eliminamos ao Barça en semis cun 1-3 e con outra exhibición, foi con Mou e despois perdemos a final co Atleti, un partido no que erramos todo e máis, a triste  despedida de Mou.

Unha pena non ter opcións en Liga contra este Barça, agora recordamos o famoso frame no gol anulado a Asensio e as decisións de mister, club e colexiados, porque todos teñen culpa. Por certo tocaría super rotación vs Vilarreal, esta xentiña vai na idade e o partido que hai que gañar é o do Chelsea. Lunin, Nacho, Rudi, Lucas, Chu, Ceballos deben ser titulares e o corpo pídeme a Hazard e Mariano tamén, creo que os do filial agora xa que xoguen abaixo en finde, ademais penso que Arribas ten cartóns. 

Aínda que había algo no ambiente co que non contaba, era Mércores Santo, unha data moi especial para o Real Madrid. Nesta data tan sinalada foi o mítico 2-3 fronte ao United, co taconazo de Fernando Carlos Redondo e os goles de Raúl camiño da oitava. Outro Mércores Santo para o recordo foi o da Copa de Mou e o cabezazo de Cristiano. Tamén en Mércores Santo foi a Copa de Carlo a do mítico gol de Bale vs Bartra. Noutro  Mércores Santo o triunfo en Múnich por 1-2 camiño da duodécima se non recordo mal. Bendito Mércores Santo.

En definitiva por algo uns escribimos tonterías aquí e outros xestionan o mellor club do mundo, pero sempre gusta criticar, vai na natureza humana.

Anteriormente:

RT Chin Pum.

A previa do Carlo.

A canteira.

Os nomes 23.

Sentimento Mundial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario