miércoles, 12 de abril de 2023

Falcón.

 Despois do partido do sábado do Real Madrid vs o Vilarreal saltaba a nova de que Fede Valverde lle pegara un puñazo a Baena, vamos a deixar unhas palabras sobre o tema.



Sinceramente non hai dúbidas de que o xogador grogué algo lle dixo ao "Paxariño" ou Falcón como queramos chamarlle. de feito parece ser que dende a prensa catalana filtraron que o que lle dixo foi: " A ver se deixades de chorar nas redes sociais, que sodes uns choróns." , en clara alusión ao tema do fillo de Fede.

Por moi uruguaio que sexa, non vexo a Fede un rapaz para ir pegarlle un puñazo a outro por nada, para máis inri unha vez duchado e no aparcadoiro. Dito esto, Fede trabúcase, a violencia non é a maneira, aínda que seguro que moitas veces cha pida o corpo pero nunca é o camiño.

 Creo que despois da denuncia lle vai caer sanción externamente e tamén debería caerlle internamente, xusto e asumible todo. Gustaríame que Fede explicara o tema, confirme a súa versión e pida perdón. Debería pedir perdón tamén ao club, aos siareiros e os nenos, sobre todo os nenos que se empapan de todo o que escoitan.  Os que saben din que lle caerá sanción pero que non é para agora, vai levar os seus tempos.

Non son pai, pero si fillo, irmán, tío.... e non sei como me comportaría de darse o caso, igual na primeira que teño levanto no aire, son suposicións e dende aquí é moi fácil dicilo, o que si sei é que a violencia non é a maneira. 

Tamén confirmo que estaría cabilando día e noite a maneira de fastidialo vivo, sin violencia pero sin perdón, si o que dixo é certo,  co filtrado, non creo que ande lonxe. 

Sinceramente tampouco  sei si estar calado unha vez pase esta noite é a mellor opción, pero como todos sabemos e viuse no caso Nicrariensis, malo si fala o Madrid ou os seus xogadores, malo se non falan.

Algo que tamén recordou este caso foi un artigo de M.G. Reigosa na Voz sobre a mentira dos valores no fútbol despois do último Clásico de Copa, inspirado en Vini e Gavi.

Cando o fin xustifica os medios e hai disculpa para todo. Fala de que o fútbol non son xogos florais, nin debe pretendelo. Pero que a miudo é condescendente con conductas inapropiadas, que se pasan fácilmente sen darlle importancia, como se foran parte da paisaxe e se aceptasen sen problema.

Fala de Valerón coma unha rara avis no mundo do fútbol, nun hábitat inclinado a aceptar ou dar cobixo a exceptio veritatis.

Supón que é unha cuestión de educación e carácter, porque a realidade indica que no mundo futbolístico, tan de valors e xogo limpo, hai excesiva permisividade ca lama e as chanchulladas do xogo subterráneo. 

Non hai que ir tan lonxe, todos coñecemos quen históricamente na Costa ía ou vai facendo amigos por cada campo a base dese tipo de "xogo",

Recordemos a  Ana Mouzo :  " A Educación é fundamental para crear valores, conductas e hábitos que definen e constrúen as persoas dunha sociedade, para ter unha sociedade mellor será necesario ter unha educación óptima. So así sera posible seguir avanzando.".


No hay comentarios:

Publicar un comentario