Despois do vídeo do Real Madrid de onte vou a deixar unhas cousiñas.
Creo que non era nin o momento, nin o lugar para o mesmo. A rolda de prensa do Joker de onte foi tan esperpéntica que non necesitaba resposta. Silencio e desprezo, nada máis. A resposta foi ao estilo Calderón, todo o contrario do que normalmente representa Flo.
E non é porque o vídeo diga mentiras, que di verdades e poucas por certo, ademais non conta nada que non sepamos os que pasades a miudo por aquí.
Despois de tantos anos aguantando estas merdas por parte do Relato, contestas agora, por favor había que facelo fai tempo, deslizando cousas pouco a pouco para desmontalos. Estás vivo na Champions, eles levan dous anos dando vergoña na Uropalí, viven un escándalo sen precedentes, nos xulgados e pillados por Facenda. As outras afeccións xa lles colleron por fin a matrícula. E vai e regálaslle a excusa que levan dende que saltou todo intentando conseguir. Baixas a lama, ante unhas acusacións que son máis vellas que Matusalén e tan falsas coma un billete de 65 euros, faslle o xogo e xa desviaron a atención.
Se fas o vídeo, lograo algo, faino didáctico e fai saltar o coello, non tan simplón, por moito que nas redes a xente vai o curto e hai moito, podes facelo xenial, eres o club máis grande do mundo. Si tiras a bomba atómica, tira, non un petardiño. Faino ben con estilo, sacando todo.
Vamos a ver o equipo do réxime era claramente o At. Aviación, non fai falla dicir máis o nome dío todo. Ao resto utilizábaos según lle conviñera. O Madrid utilizouno porque era boa propaganda en Europa, utilizouno esa é a palabra, sinceramente penso que Franco pasaba bastante do deporte e do fútbol, pero como dirixente que era, igual fan os de agora, si lle conviña arrimase e se cae en desgraza, pasamos del. Compos ou UD Ourense son os exemplos cercanos, como será o CD Lugo en breve.
Tamén está claro por moito que nos queiran vender, o réxime, sabía que onde máis problemas podía ter ca xente era en Euskadi e Catalunya por eso os tiña moi mimados, coma a maioría dos governos do país dende tempos inmemoriais, despois veñen a venderche o de Espanya Ens Roba.
Que se pasen por unha clase de Xavier Vence Deza ou Emilio Pérez Touriño a ver si aprenden algo, do Bng e do Psoe galego foron líderes respectivamente para os que dubiden. Non sei que clases de Historia ou Estructura Económica dan por outros sitios, pero na USC de Santiago eran moi esclarecedoras para coñecer o país.
A veces o conto non é como nolo contan, sabíades que Hitler foi nomeado ao Nobel da Paz no 1939, ou que o réxime quixo disolver ao Real Madrid, sobre Franco e o Madrid e o Barça entre Hechi e futbolgate tedes moitos contiños. Ou o que nos contaba Bernabéu unha e outra vez. Como vos contaron moitas veces que o Real Madrid era o equipo do réxime xa tragades.
Amigos, perdoaronlle débeda, inaguraron o campo, favorecéronnos con mil tropelías...., que non nos conten milongas, porque o fútbol é o opio do pobo e non podían deixar caer o Barça, pero que non nos conten os de alí arriba que eles recibiron todo obrigados, ben que safaron e ben que regalaron insignias que por certo non retiraron ata o 2019 non fora a resucitar, en fin.
Caéselles o Relato, unha pena, pero había que facelo antes e doutra maneira. A mellor resposta é gañar a Champions e eles en crise económica e dando pena por Europa.
Que non me veña o Govern tampouco con tonterías que bastante os aguantamos, van bos de sangrarnos durante séculos, sobre todo os galegos. Eles levan anos dicíndoche o que lles molesta de ti e que tes que respetar os seus indesentimentos, e vas ti e saltas un día e xa eres un merdas. Señoriños que tivemos que ver nunha Tv pública un publireportaxe sobre "hienas" ou non recordades, tapádevos un pouquiño, os reis da manipulación mediática.
Como di Ali: Non me fai mellor nin peor ser do Madrid, deixen de sentirse moralmente superiores por ser dun club de fútbol e eu añado, por ser dunha comunidade historicamente beneficiada por moito que nos vendan. Cada un temos o noso filtro.
Escribiu onte Paulo Alonso na Voz de Galicia, o noso Flo controla os medios ata en Galicia vaia crack: " Laporta leva ao fútbol o Espanya ens Roba. O Barcelona sería unha vítima, así textual soltou Laporta....Laporta como gran parte da casta do mundo indepe, vive nunha realidade paralela. Por iso insistiu na matraca do vitimismo, contrapuxo que o Barcelona que é máis ca un club ao Real Madrid do réxime franquista, no 2023! .....
A posta en escea,.....parece propia dun traballo escolar de fin de curso. Todo soltouno Laporta sen porse vermello, Solo alguén moi cínico pode tentar escurrir o bulto con que isos máis de 1.200 millóns de pesetas pagados ao número dous dos árbitros non eran para tanto.......Unha presunta estafa pero iso si moi profesional.
.......Tal é o estado de descomposición da elite do Barcelona, que o club, como o independentismo no xerme do procés, necesitaba un enemigo. Cando o supremacismo nacionalista tivo que fuxir en helicóptero do Parlament, inventouse a idea que non había máis saída ca independencia porque España representaba o mal. Ahora que Laporta non ten nin para cadrar as contas sen enxenerías contables, o caso Negreira transfórmase de vergoña en orgullo. Contra o mundo, ata o fracaso final.
Quizais en España non haxa un pulso firme para castigar a presunta compra do número dous dos árbitros, pero a Uefa non parece disposta a mirar para outra parte . E ahí cola menos o victimismo de Laporta."
No Madrid coma no Barça e en moitos equipos, hai xente de dereitas, de esquerdas, máis ou menos moderados a cada lado....Como digo sempre, nin os bos son tan bos, nin os malos tan malos. Que pregunten por Barcelona cal era o ideario político do avó materno do Chuflas por exemplo, esa tampouco a sabedes? Ou o dominio da burguesía e da dereita catalana, ou CiU que ideario político tiña, o da Cup?
O tema é ler dos do teu lado e dos do outro e vas sacando conclusións.
Para ser o equipo do réxime unha Liga e dúas Copas nos quince primeiros anos, debíamos ser ben malos.
Agora si xa que saltamos temos que ir ata as últimas consecuencias e sobre todo a nivel internacional, non me extrañaría que Flo pense que o Joker o vai a traicionar novamente vs Uefa desta vez co tema Superliga e por iso vai con todo. Onte por certo contábame un compañeiro deportivista que o parecer Flo fora o que axudara o Joker a atopar a financiación vía GS, non sei si iso é verdade porque non puden certificalo, pero cando menos interesante parece.
Gústame isto de Tonylacatorce: "Lamentamos que como defensa para su situación jurídica el FC Barcelona intente vincular a nuestro club con un régimen fascista en los cuales vivimos los peores y más oscuros años de la historia de nuestro país"
"Nos gustaría recordar al señor Laporta que durante esa triste etapa el FC Barcelona lograría casi el 27% de su palmarés nacional y un 26% de su palmarés internacional, siendo este periodo de una duración de 36 de los 125 de la historia de su club"
Anteriormente:
No hay comentarios:
Publicar un comentario