Despois de falarnos do título de Liga da Costa, como prometeron hoxe vannos falar da final de Copa da Costa.
De novo aquel mítico ano 66, o Muxía aproveitou a gran forma na que se atopaba e despois de gañar a Liga, arrancou a Copa e o Muxía segundo cren recordar foi eliminando ao Ponteceso ou o Negreira entre outros para chegar a final fronte ao Xallas das catro finais.
Pero a quen realmente eliminou en cuartos foi ao Baio se facemos caso ao libro 50 anos da Liga da Costa. O primeiro partido que se ia xogar en Baio xogouse en Muxía xa que era A Barca, o resultado foi de 3 a1. Unha semana despois un catro a dous desta vez a prol do Baio. Como se fixo de noite, o árbitro negouse a xogar a prórroga. Houbo partido de desempate en Vimianzo no medio da semana con tres a dous a prol do Muxía. Din que en Baio pecharon os comercios e talleres para tal partido.
Ese Xallas que se reforzaba e moito para a Copa con xogadores chegados de terras santiaguesas e que xogaban en categorías superiores. Daquela era posible a carta de liberdade "temporal".
A final era a dobre partido, como o foi durante moitos anos e foi a única final da Copa da Costa en categoría senior que xogou ata o de agora o Muxía, si se xogaron dúas semifinais máis como comentamos no seu día e añorando a do Fisterra do ano pasado.
No partido de ida o xogado en Muxía pensan que o resultado foi de cero a cero.
A volta en Santa Comba foi co resultado de un a un. Daquela tampouco se estilaba o valor dobre dos goles en campo contrario.
O curioso é que parece ser que nese partido en Santa Comba, o colexiado, un traballador do Muro coruñés, anulou ata catro goles aos muxiáns, privandos do título, ante todo tipo de especulacións e insinuacións. Incluso recordan un pique entre o porteiro xalleiro Araufe cren que era o seu nome e Nené, a pesares de que Araufe era enorme e Nené pequecho, o herculino levantouno no aire como din os nosos amighos. Será verdade o que nos contan? Contan tamén que o gol do Xallas foi no último minuto obra de Pahiño, máis leña ao lume.
O partido de desempate disputouse en Vimianzo. O campo ateigado de xente con tres ou catro "omnibus" dende a vila da Barca ademais de moitos coches privados. Pero non solo muxiáns, lembran os nos amighos do banco incluso pancartas de camariñáns en contra do Muxía. Cun campo a rebosar e nunha final espectacular o triunfo neste partido caeu da man dos xalleiros por dous a un. Adiantábase o Muxía con gol de Luaces II é dicir Juan Carlos. O Xallas empatou na segunda metade e forzou a prórroga. Cando os penaltís estaban as portas de novo un gol do Xallas privounos da Copa.
Contan as crónicas que o Muxía xogou con: Cho, Eleuterio, Luaces I, Martín, Alejandro, Diz, Ferreiro, Vituco, Luaces II, Sele e Nené.
Así se desvaneceu o dobrete muxián do 66.
Que nos terán preparado para a próxima?
Anteriormente:
No hay comentarios:
Publicar un comentario