O “caso Negreira-Barça” conmocionou o fútbol e, para entendelo ben, creo que é imprescindible ser claro e conciso: separar o indiscutible ,por xa probado, de todo o demáis, que pertence aínda o ámbito da “presunción de inocencia”.
Por unha parte, non admite discusión, porque o Barça e o ex dirixente arbitral o recoñeceron, é que un pagou e o outro recibiu máis de 7.000.000 €, dende 2001 a 2018, o que constituie o maior escándalo da historia de noso fútbol.Eu, o día que se coñeceu o bombazo, a preguntas de EFE, dixen que “isto non fixo máis que comezar”. Hoxe reitero, incluso con maior forza, porque cada día que pasa saen a luz novas que fan que o caso sexa aínda máis vergoñento.
Por outra banda, e en aras de ser o máis obxectivo, teño que proclamar que fora do feito incuestionable co Barça pagou a Enríquez Negreira, ao menos durante 18 anos, cantidades escandalosas, todo o demáis debe quedar sometido a “presunción de inocencia”, e, de forma moi especial, si parte de ese diñeiro serviu para comprar ou tentar comprar vontades arbitrais. Ese debate sería lamentable que se produxera, so pena de incurrir na gravísima responsabilidade de condear, a través da “pena do Telexornal”, a xente inocente.
É evidente que algúns dos delitos prescibiron, de forma especial para os ex directivos máis antigos, pero, sen dúbida, cometeuse un “delito”, que non figura recollido no código penal e que, por elo, non prescribiu. Nen o fará nos próximos 100 anos: “o delito contra o fútbol”. Violáronse seus valores máis básicos.
Ese “delito contra o fútbol” perseguirá o Barça alí a onde queira que vaia. Xa se produxo na “Catedral”, históricamente un exemplo de afeción, onde os culés viviron unha noite para esquecer, a pesar da vitoria, polo que parece que dilatar as explicacións xoga na súa contra… aínda moi difícil o ten meu amigo Laporta, home hábil onde os haxa, dar unha explicación convincente.
O “delito” cometido polo Barça perseguirá o club e siareiros ,os máximos perxudicados, moitos anos, polo que a entidade ten a obriga cos seus socios, de utilizar todos os medios de defensa a seu alcance, pero o que non pode facer é falsear a realidade do que era o fútbol de entón, o que a moitos nos ofende, cando poñen a funcionar o ventilador dicindo que “en aquela época todos o
facían”, porque saben que iso non o facia ninguén.
facían”, porque saben que iso non o facia ninguén.
Os afecioados de sempre sabemos co fútbol ten seus “mandamentos”, que se resumen en dous: “non cometerás delitos contra os valores do fútbol” e “defenderás o balón e o árbitro por enriba de todalas cousas”.
O balón e o árbitro son os dous pilares que sosteñen noso deporte. Si un de esos pilares sufre “aluminosis” o fútbol derrumbase.
Co xa probado, é indudable que o “caso Negreira-Barça” erosionou de forma brutal a base do deporte, e de forma especial a figura arbitral, polo que todo o fútbol mundial preguntase ¿ Como é que aínda non dimitiu ningún auditor, nin executivo, nin dirixente?
“A pelota non se mancha”, sentenciou para a historia Diego Armando Maradona para distinguir súa vida privada e súa vida futbolística. Eu, a esa maravillosa frase do “10”, sumaría. “... e o arbitraxe tampouco”.
Lendoiro na Cope.
No hay comentarios:
Publicar un comentario