Na tarde de onte o triunfo do Muxía en Louro por un a catro aseguraba matemáticamente a clasificación para a fase de ascenso a Primeira Galicia, ademais a picada do Castriz tamén valía. Nunha tarde especial para un servidor xa que entre os catro xuvenís que enchían o banco, atopábanse dous da "casa" pero esa é outra cuestión. Por segundo ano consecutivo, marea safada.
Vamos a falar agora un pouco do que sabemos da fase de ascenso que é bastante complicada, ademais tan solo hai unha praza para oito equipos. Bastante diferente a liguiña costeira do ano pasado.
O Muxía ao igual co Corme serán os dous equipos costeiros que a disputen xa pensamos que o San Lorenzo xa é campión, o que está por ver é en que posición para os do Roncudo e os da Vila da Barca, o que os mandará por unha ou outra banda do cadro.
O Corme vai segundo na liga da Costa con 57 puntos a falta de tres xornadas. Nas cales ten que visitar Cee, recibir ao Muxía no que pode ser o partido chave e viaxar a Muros para rematar a liga. Nun mundo normal o partido decisivo sería ese Corme vs Muxía do 23 de abril no Cairo, o campo máis difícil da Costa con diferenza e posiblemente un dos máis difíciles en calquera competición. Aínda que na primeira volta o Muxía gañara por cinco a un, non cremos que sexa nin moito menos indicativo. Todo apunta a que o Muxía terá que saír victorioso dalí se quere ser segundo, como dicimos algo moi complicado.
Ao Muxía quédalle recibir ao Oza, visitar Corme coma dixemos e rematar co Cee na Arliña o 30 de abril, ollo a esta data que é importante tamén por outras cousas.
Deixamos agora o cadro da fase e contamos un pouco sobre el e dos posibles rivais.
As dúas primeiras eliminatorias son a partido único na casa do mellor clasificado, polo tanto o segundo da Costa asegura xogar na Arliña ou no Cairo a primeira rolda, o rival sería o terceiro clasificado do grupo de Santiago 1 ou do Santiago 2, eso sortearíase. Ademais de pasar, si polo seu lado se clasifica o cuarto voltaría a ter vantaxe de campo, de ser contra outro segundo pois habería sorteo para dilucidar en que campo se xoga. Como dixemos e vemos no cadro o mellor clasificado sempre ten vantaxe de campo e se quedaron na mesma posición haberá sorteo.
En caso de quedar terceiro pois xoga contra un terceiro do grupo Santiago 1 ou 2 e sortearase o campo do enfrontamento. Igualmente se pasa de rolda a vantaxe de campo dependerá de se é contra un segundo ou un cuarto.
A final polo ascenso xógase a dobre partido e o campión será o que ascenda, os outros sete quedarán ca mel nos beizos. De novo o mellor clasificado tería a "vantaxe" da volta na casa.
Como os grupos de Santiago rematan a liga o 21 de maio, supoñemos que o sorteo da fase será o luns día 22 e o ascenso comezará o día 28 de maio. Cos costeiros con case un mes de parón ligueiro, quizais xogando a Copa da Costa que debería comezar a xogarse en maio, un handicap para os costeiros.
Agora vamos a falar dos posibles rivais.
No grupo Santiago 1 a cousa está como sigue a falta de seis xornadas.:
Líder o Praíña SC con 64 puntos, é un conxunto do Concello de Teo por se toca viaxar a terras do Praíña para os que non coñezan a este mítico conxunto.
Tamén con 64 puntos está outro mítico coma o Bertamiráns aínda que co golaverage perdido co Praíña.
Terceiro sitúase a SD Valiño con 61 puntos e cun partido fronte o Praiña que pode ser transcendental. Equipo da localidade de Cabo de Cruz para situarnos.
Cuarto temos a SD Urdilde con 55 puntos,
E quinto e ainda con opcións temos ao Taragoña con 53 puntos.
No grupo Santiago 2 a cousa a falta de seis xornadas tamén está da seguinte maneira:
Temos ao Vea CF con 69 puntos coma líder, localidade próxima A Estrada.
Segundo con 67 temos ao CD Sport Team Estrada.
Terceiro con 61 temos a SD Cacheiras tamén ao ladiño de Santiago.
Cuarto con 54 temos ao CD Estradense B, o perigo de sempre dun filial nas fases de ascenso si entra.
Quinto con 53 está o CF Laro. Sería o conxunto de máis ao sur xa en Silleda, con opcións de ser cuarto e entrar na promoción.
Para un primeiro análise non está mal, xa podedes ir observando posibles rivais, resultados, xogadores e incluso posibles terreos de xogo das outras ligas, que estamos acostumados aos da Costa e polo mundo hai outros moi diferentes.
De momento descoñecemos se as igualdas nos 90 minutos, despois como siguen, penaltis, prórroga, pasa o de mellor coeficiente?
As picadas do principio e os moitos empates impídennos falar de cousas maiores.
Anteriormente:
No hay comentarios:
Publicar un comentario