domingo, 23 de abril de 2023

O banco da lonja. O cantante.

 Hoxe vannos contar un conto sobre un cantante, a ver de que vai.



Alá polo ano 67 ou 68  iso din alá polas festas da Barca. Naqueles tempos non era coma agora, por aqueles anos viñas as orquestras para os tres días de festa, sábado, domingo e luns. Normalmente quedaban na fonda de María de Valentín.

Ese ano viñeran Os Trovadores que era a mellor de Galicia, con cantantes galegos e incluso cubanos. E tamén viñera a orquestra Radio de A Coruña con Sito López daquela agora máis coñecido coma Sito Sedes como cantante, outra das grandes daquel ano. Un Sito cuns vinte e cinco anos máis ou menos.

Si o mítico Sito Sedes dos Satelites que anos despois foi un mito das festas e verbenas galegas.

O Muxía xuvenil adestraba naqueles días, vaille dicir agora a alguén que ten que adestrar os días da Barca, como mudan os tempos. Adestrando un sábado ou domingo da Barca.

E cando estaban adestrando apareceron varios compoñentes da orquestra Radio con Sito Sedes entre eles. Os cales se puxeron a xogar cos xuvenís muxiáns, con Sito poñendose de porteiro. Segundo nos contan Sito fixo unhas paradas "criminais", moi áxil baixo paus, pensan que debiu de ser porteiro nalgún momento para aquel espectáculo.

Desde aquela tarde fíxose amigo daqueles xuvenís muxiáns. Incluso lle adiacou cancións aquela noite na festa e noutras festas nas que solía estar pola zona.  

Un novo muxián máis.

Anteriormente:

A final de Copa.

O título.

A liga do capelán.

Bernabéu en Muxía.

Doutor Toba.




No hay comentarios:

Publicar un comentario