sábado, 8 de abril de 2023

O Banco da lonja. O título.

 Hoxe no banco da lonja vannos falar do título de Liga da Costa do ano 66, atentos que vai.



No ano 66 era a segunda tempada do Muxía na Liga da Costa, nese ano chegaban ao equipo procedentes do San Isidro,  Tito e Juan Carlos, chamados Luaces I e Luaces II e voltara o Cho do servicio militar, o cal provocou que o primeiro ano o porteiro fora un santiagués. Cabe recordar que a pesares de xogar no San Isidro, Tito era o adestrador do Muxía a tempada anterior.

O equipo base dese ano segundo nos contan era: Cho,  Eleuterio, Loureiro, Martín, Juan, Diz, Lobeto, Nené, Vituco, Tito e Lolo.

Lobeto fora un fichaxe que viña a sustituir a Paco que marchara para o Cordoba con Eduardo Toba. Lobeto era un xogador de Santiago, un habilidoso extremo, Nené un xogador de A Coruña dianteiro a pesares de ser pequecho segundo din, extraordinario e de gran pundonor, ademáis de Loureiro que era outro santiagués, o resto de xogadores eran muxiáns.

O equipo era adestrado por Tito aínda que foi axudado polo Doutor Toba unha vez voltou a Muxía de vacacións.

O equipo recebía moi poucos goles en contra o que os facía bastante sólidos segundo nos contan no banco. Tamén nos contan que os adestramentos estaban ateigados de público, sobre todo se a xente non ia ao mar, obviamente eran outros tempos, sen redes sociais, dispositivos......, vivir a vida.

Tamén nos contan algo curioso, por exemplo Juan que contaba tan solo con 17 anos era mariñeiro no Santa Fé, e naquel tempo non podía quedar en terra xa que dito barco andaba ao pincho. Aquel ano o pincho era largado pola tarde, co cal non podía asistir os adestramentos. O Santa Fé era un barco pequeno que marchaba sempre as cinco e media ou  seis da tarde a largar e non chegaban ata a noite. Ademáis tiña pouca tripulación. O barco tiña un ghalleiro( unha especie de pau para alar o aparello) amarrado no costado, e Juan entre o ghalleiro e a caseta viña unha hora facendo exercicios a modo de adestramento para manterse en forma, iso é pasión polo fútbol.

Os grandes rivais esa tempada foron o Buño e o Fisterra. Como a Liga tiña once equipos sempre descansaba un, algo que lle tocou na última xornada ao Fisterra. O Fisterra chegou a esa xornada con 28 puntos parece ser e o Muxía con 27, pero o empate valíalle ao Muxía para igualar ao Fisterra se o Buño non gañaba. E saíu todo perfecto xa que o Muxía igualaba a un fronte o At. Bergantiños en Carballo e o Buño caía en Cee por cinco a dous ou iso pensan, a un Buño que lle valía o empate para ser campión.

Aos partidos sempre viaxaba un "omnibus" como din eles, cheo de muxiáns. Coincidiu que a última xornada coincidiu ca festa de San Isidro en Quintáns e naqueles tempos case toda a vila desprazábase a parroquía cercana a disfrutar da festa.

Unha vez coñecida a noticia do título a chegada a Quintáns esperaron o "omnibus" e fixéronlle un recibimento bestial, a o estilo das busianas do Bernabéu ou iso nos contan.

Por certo : Si lle facemos caso a publicación 50 anos da Liga da Costa o plantel do Muxía en Liga estaba formado por: Cho, Eleuterio, Loureiro, Martín, Antonio, Pin, Juan, Diz, Valencia, Nené, Vituco, Luaces I, Luaces II, Lolo, Sito, Lobeto e Toba.

Ata aquí a historia do primeiro título do Muxía, prometen falarnos na próxima algo sobre a mítica final de Copa da Costa.

Anteriormente:

A liga do capelán.

Bernabéu en Muxía.

Doutor Toba.

Os árbitros.



No hay comentarios:

Publicar un comentario