viernes, 3 de noviembre de 2023

Breve análise dos Muxía´s.

 Despois de sete xornadas de liga tanto para o feminino coma para o masculino vamos a facer un pequeno análise estatístico  destes primeiros partidos, basándonos nas actas federativas principalmente.



Pero non solo en iso, por exemplo na acta da primeira xornada de liga da terceira feminina, non aparecen as goleadoras, polo tanto recurrimos o que escribíu o propio club. Outro erro é que tamén na primeira xornada de liga segundo a acta e diferentes crónicas  o Muxía nunca foi por diante no marcador, algo que os presentes no campo sabemos que non é real. O Muxía remontou un cero dous en contra para poñerse tres a dous con gol de Iago Muiño a pase de Isma Pose, para despois marcar de falta na última xogada do partido Saviola para voltar a igualar o partido. Un partido que iniciou cun penal errado por Fran no minuto un, e que son os únicos puntos que se deixou o Porteño, cousas da vida. 

Pero entre uns e outros datos vamos iniciar este pequeno análise.

Comezamos ca Segunda da Costa masculina. O Muxía vai cuarto na clasificación con 13 puntos a seis do líder Porteño e a catro do Mazaricos e do Castriz. Leva tres triunfos e catro igualadas. Na casa foi quen de gañar o Muros, empatando co Porteño e Coristanco. Fora triunfos en Outes e Cabana, para igualar en Castriz e Louro.

Leva o Muxía 15 goles a favor e sete en contra. O máximo goleador é Michael con tres goles, con dous están Fran, Iago, Isma e Manu. Con un gol temos a Víctor, Álex, Darío e Iván.

Ata 23 xogadores foron utilizados en Liga, no que tan solo Michael xogou tódolos minutos( por exemplo o mércores en Copa non xogou xa que arrastraba sanción da tempada pasada) , Álex perdeuse dous e Gaba perdeuse dezaoito. Despois hai moito reparto de minutos.

Por exemplo no partido de Copa voltou a xogar Congui trala lesión, tamén debutou o porteiro xuvenil Joel, co que serían vintecinco xogadores utilizados esta tempada. En liga tamén xogaron os xuveniles Javi Vilela, Manu e Ángel.

A pasada tempada o equipo na sétima xornada ía décimo con oito puntos. triunfos en Cerqueda, empate en Muxía co Muros, derrota en San Lorenzo, derrota en Muxía co Camariñas, derrota en Outes, triunfo co Ponteceso na Arliña e igualada co Castriz. Pero no resto da tempada solo se perdeu outro partido, ( tres en total) e sete empates ( nove en total). O San Lorenzo tiña 18 puntos e Corme e Outes 16 nesta xornada da tempada pasada.

Na da pandemia despois de sete partidos estábamos con once puntos cuartos, o Esteirana era líder con 21. Naquela extrana segunda fase estivemos a un gol do título, pero un gol na primeira fase no enfrontamento directo co Esteirana, tolemia federativa que perxudicaba a un excelso Esteirana.

Na Copa os goleadores son Fran con dous goles, Gusa e Manu Nogueira. Espera o Buño en decembro.

Non hai que restar a importancia de que ata 25 xogadores participaran xa, tamén hai que mirar o outro lado disto que son as moitas lesións.



Agora pasamos o feminino.

Na Terceira feminina o Muxía é o sorprendente líder con 21 puntos despois de sete xornadas, sumando un pleno con 32 goles a favor e sete en contra.

A competición ten coma favoritos ó Dumbría, Ponteceso, Corme e Mazaricos con bagaxe xa do ano pasado na competición. Por certo rivais ós que aínda non se enfrontou o Muxía. Despois era sabido que tódolos "novatos" pois xogarían por ver como estaban. O domingo vs Corme boa pedra de toque.

Non se pode negar que as incorporacións a última hora de Patri, Barca e Andrea Piroja son un plus para poder competir os partidos.

O Muxía gañou a Dubra, Outes, Cerqueda, Noia B, Fisterra, Cabana e Juan Cabrejo Camariñas.

Tan solo a porteira Sheila Rey xogou tódolos minutos. 

Ata 21 xogadoras foron utilizadas, tamén cun bo reparto de minutos. Sheila Rey, Patri, Paula Vilela, Marta, Raquel, Elsy, Barca, Paula Rey, Irene, Denise, Marcela, Nuria, Nerea Pazos, Claudia, Nerea Insua, Andrea Piroja, Andrea Insua, Sara Haz, Adriana, Xeila, Sara Domínguez.

Nas goleadoras temos a Barca con doce goles, Patri con sete, Nerea Barrientos con tres, con dous a Paula Rey, Irene e Andrea Piroja e con un a Raquel, Elsy e Andrea Insua.

Non temos datos doutras tempadas ó ser a do debut do club pero por exemplo podemos dicir que foron quen de gañar ó Fisterra sen Patri, nin Barca, o Fisterra tamén contaba cas importantes baixas da súa porteira e de Andrea. Tamén gañaron o Noia B, nun partido xogado en festivo o que supuxo que habituais do A noiés baixaran, as noiesas un rival duro dependendo do horario e data como se viu esta xornada fronte ó Ponteceso.

A segunda fase da primeira volta é moito máis difícil para o Muxía, pero non deixa de ser un éxito poder ter unha sección de fútbol feminino e competir os partidos, os resultados son o de menos. Tan solo hai que ver o equipo alevín que ten maioría de rapazas.

Outros:

Novas sobre os Muxía´s .

O pobo.

Breves Muxía.

Nova etapa.

Sementar .

No hay comentarios:

Publicar un comentario