viernes, 14 de abril de 2023

Luigi Today - O filtro.

 Co caso Nicrariensis venme a mente algo que me comentaba un amigo sempre anos atrás despois dos Barça vs Madrid, que eu vía a Tv cun filtro madridista, posiblemente, e el co barcelonista. Algo que non vai mudar, así que vou deixar o que pensan uns e outros sobre o tema, co meu filtro claro e vos ides decidindo, seguro que me esquenzo de algo e non me trabuco. Aínda que non o crean dende ambos lados úsase asiduamente a palabra Matrix, Narnia, Os Mundos de Yupi, Barrio Sésamo.... para definir os do outro lado. Un servidor vía o partido co meu tío ambos madridistas e meus curmáns os seus fillos con un tío, todos culés, e non había maneira de poñernos dacorco nas xogadas polémicas, como para facelo co Nicrariensis.



Madridismo:

O Barça mercou arbitros durante polo menos 17 anos con factura pero seguro que moito máis.

O Barça non mercaba árbitros, mercaba vontades dalgúns  a través de Negreira, se non pitabas as xogadas grises a prol do Barça ou en contra do Madrid igual rematas en Segunda ou retirado e os árbitros españois son os que máis cobran do mundo. Negreira decidía ascensos e descensos e cando o deixaron de pagar colocárona en Mundo Deportivo e na catalana, e tamén colocaron o fillo.

Os árbitros Uefa Elite apenas pitaban Clásicos.

As retrasmisións son marcadamente blaugranas, dende a base de que quen decide o que se vé son Óscar Lago e Roures, barcelonistas de pro e independentistas que queren vender a superioridade catalana no planeta, vender o independentismo ao mundo co Barça coma marca. De feito no seu día con cartos públicos e de TV3 fixeron unha xeira de fichaxes para o Barça.

As imaxes do Var controlanas Lago e Roures co cal si esconden imaxes ou moven frames, as ocasións desaparecen e no pasado axudaron ao Relato.

Ferreras está a falar do tema Negreira para tapar os casos de corrupción do Psoe( Tito Berni ) e tamén porque como lle debe favores a Roures e parece ser que este agora se quere cargar a Laporta e coller o Barça como SAD. 

A prensa está toda en contra do Madrid, xa que a de Barcelona é culé e a de Madrid é do Atleti, ou tenlle rabia a Florentino porque lle quitou as promocións nos periódicos por exemplo.

Quen non recorda a mítica entrevista dos Manolos na que queimaron a Florentino.

Fonsi está tolo e está obsesionado con Florentino, aínda non dixo nin mu sobre o tema Negreira ou o que se move no palco do Nou Camp.

Os audios de Florentino tan solo falaban mal de xogadores e minucias.

O Barça incluso mercaba periodistas a pago.

Como é posible que o Madrid arrasara en Champions e nada en Liga, moi claro xogaba aquí como adestraba Son Goku con pesas e claro en Europa voiaba.

As declaracións que imputan a Plaza son de Camacho, por certo un árbitro que compraba vontades para o Barça, nun escándalo destapado por Don Balón no seu día.

Franco levou tres medallas de ouro do Barça, salvounos de desaparecer, os militares eran do Atleti.

O Madrid votou en contra de Villar e de Tebas. Gaspart na Federación dío todo.

Tebas tapou todo, o límite salarial, as débedas, a palanca de 100 kilos de B. Studios.

Albert Soler foi directivo do Barça e tapou todo cando estivo no CSD incluso mudou a lei.

Non vai a pasar nada.


Barcelonismo:

O Barça nun mercou árbitros é un campaña de Madrid para desprestixiar a mellor época da historia. E como moito mercou neutralidade. O 90% dos árbitros son madridistas, polo tanto pitan a favor do Madrid.

A prensa é madridista, nin os medios de Barcelona apoian ao Barça, son tamén críticos, incluso destaparon todo.

Non hai probas de nada. Negreira fixo informes e estafounos, moi simple.

Agora queren cargarse o VAR porque a xustiza claramente perxudica ao Madrid.

Ferreras gran amigo de Florentino é o que non deixa que se pare de falar do tema Negreira.

Siguen Ok Diario, El Mundo, El Confidencial....

Florentino é un mafioso, que controla todo neste pais, solo tendes que ler o libro de Fonsi sobre o palco do Bernabéu. Controla prensa, Federación, Liga, políticos, xuices, porque credes que se destapou todo isto. Porque non se falou tanto dos audios de Florentino, porque controla todo. Os fíos de Florentino.

Con todas as demandas que vamos a poñer por difamación vamos traer a Messi e algún que outro fichaxe, todo é mentira. Co buzón de avisos do club, vamos facernos de ouro, vamos pagar parte do Espai.

Están sacando minucias porque xa non teñen nada, falan para borregos e por iso se tragan calquer cousa. O control do Madrid dos medios sería para estudio nas universidades.

Barto quería afundir o barco adrede, el foi o que filtrou todo.

Tebas é madridista vai a polo Barça e non disimula, incluso aportou probas falsas. Desexa cargarse a Laporta e que o Barça sexa SAD e controlado por el. Por iso nos queima.

O madridismo e como o barcelonismo da época de Nuñez, un acomplexado polos éxitos do Pep e Johan, diso se trata todo. Os cinco cero, o dous seis, o Mundial cheo de barcelonistas.....

Incluso Junts insinuou no Senado que era unha campaña contra o Barça.

Laporta confiou en Florentino e traicionouno.

Franco era madridista incluso nos quitou a Di Stéfano.

O penalti de Guruceta explicao todo.

Plaza que era o xefe dos árbitros dixo que con el o Barça non gañaría.

As noticias de Negreira salen cando pincha o Madrid para tapar todo.

Co caso Valverde estamos a ver como se moven os fíos de Florentino.

Non vai a pasar nada.


E así poderíamos estar ata o fin dos días, cando remate todo, ningún vai a darlle credibilidade aos outros penso. Por certo si chegan comentarios  poderíamos ir aumentando cada zona. O luns teremos a versión de Laporta que podería darnos cousiñas para a barcelonista.

En algo están de acordo ambos lados, non vai a pasar nada din.


No hay comentarios:

Publicar un comentario