miércoles, 5 de abril de 2023

Asamblea do Muxía.

 Dende a Directiva do CF Muxía queren informar que o vindeiro 6 de Maio as 20:30 no salón do voluntariado farán a Asamblea de socios con varios puntos na orde do día:



1-.Balance deportivo da tempada 22/23.
2-.Balance economico da tempada 22/23.
3-.Elección da nova directiva.
Dan de prazo ata o vindeiro 30 de abril as 23:59h para presentar novas candidaturas para a presidencia do CF Muxía, para presentar as vosas candidaturas debedes chamar ao teléfono de contacto 637588266 (Juan José) antes de dito día.
Tamén informan que a actual directiva volverá a presentar a súa candidatura.
En caso de que só se presente unha candidatura o vindeiro 6 de Maio será reelexida.
En caso de haber dúas ou máis candidaturas haberá eleccions que na só poderán votar os socios co carnet vixente, corrente de pago.

Anteriormente:


No hay comentarios:

Publicar un comentario